oleirosxoven.com
O PSOE esixe nunha moción o amaño inmediato da Avenida do Mar de San Valentín
<description><![CDATA[Centos de veciños e veciñas levan máis de tres meses accedendo ás súas casas, ao colexio público da Xunqueira ou ao polideportivo municipal por esta rúa absolutamente destrozada, plagada de socavóns e inundada cada día de choiva. A situación é xa insostible.
De “escenario de guerra” é como calificou Iván Puentes, portavoz do PSOE no Concello de Fene o estado da Avenida do Mar de San Valentín, unha das principais rúas do centro urbano de Fene. Hai aproximadamente 3 meses que a empresa encargada da construcción do colector da banda Sur da Ría de Ferrol rematou os seus traballos na zona, pero a día de hoxe aínda non cumpriu coa súa obriga de repoñer o pavimento da avenida.
Así, os centos de vehículos e de cidadáns que usan a diario esta rúa, paralela ao paseo marítimo de San Valentín, transitan sobre a zahorra que susbtitúe ao aglomerado, sortean baches de dimensións desproporcionadas e buscan zonas polas que cruzar a calzada nas que non existan balsas de auga para, entre outras cousas, levar ao colo aos seus fillos e fillas ao colexio da Xunqueira ou ao polideportivo e ao parque infantil que existen na zona.
O PSOE de Fene leva desde o mes de setembro recibindo centos de queixas dos veciños e veciñas de San Valentín e de acordo con elas esixíndolle ao Goberno Municipal que se poña fin a esa situación. Sen embargo, tres meses despois, pese ás reiteradas promesas do PP de amañala canto antes, a rúa non só segue igual, senón que o deterioro aumenta cada día. Tanto que no último pleno da corporación, Iván Puentes decidiu tirar de ironía e preguntarlle ao Alcalde se, vistos os socavóns da Avenida do Mar, se estaba a lavar al cabo algún tipo de prospección mineira na zona.
Todos estes aspectos son os que o PSOE de Fene recolle na moción elaborada para reclamar o amaño inmediato da avenida. Concretamente os socialistas pídenlle ao PP de Fene que lle esixa á Xunta de Galicia dúas cuestións: repoñer o aglomerado en todo o ancho do vial, non só no carril levantado inicialmente e, aproveitando estes traballos, substituir as vellas e molestas, fundamentalmente polo ruido que provocan, bandas sonoras que existían na zona por pasos de peóns elevados que eviten o execeso de velocidade dos vehículos sen as moestias orixinadas polas bandas.
“Que haxa que levantar ou cortar incluso a estrada para a construcción do colector é lóxico, pero que tres meses despois o firme dunha rúa principal como esta siga sen se repoñer e sumando cada día máis baches de proporcións descomunais é absolutamente intolerable. E aínda que a obra sexa financiada pola Xunta, é deber do Goberno Municipal de Fene tomar todas cantas medidas estean na súa man para defender os dereitos dos seus veciños e veciñas”, afirma Iván Puentes.
O PP aplica a censura e impide que a moción poda ser debatida neste pleno
Xa no último pleno os socialistas mostraron a súa disconformidade coa pasividade e prepotencia da Concelleira de Urbanismo, Rocío Bértoa, á hora de preparar e conducir as comisións informativas que ela preside, pero este mes a súa actitude foi máis aló do tolerable. A Comisión de Urbanismo, que debía celebrarse con carácter ordinario o martes da semana pasada, non foi convocada e foi substituída por unha xuntanza extraordinaria da mesma o pasado xoves.
A diferencia non é menor, posto que nas reunións ordinarias das comisións os grupos da oposición poden incluír asuntos na orde da día, mentres que nas extraordinarias só se pode debater sobre aquilo que o Goberno Municipal decida levar á Comisión. Pese a ter no seu poder a moción socialista sobre a Avenida do Mar desde días atrás, o PP decidiu non incluíla na orde do día da comisión extraordinaria, vetando así o seu debate na mesma e impedindo ademais que sexa tratada no pleno deste mes, convocado para mañá xoves día 1. Así, como moi cedo, a moción non poderá ser debatida ata o seguinte pleno, previsto para o 5 de xaneiro.
Só a boa sorte pode explicar que a día de hoxe a situación da Avenida do Mar non teña derivado máis que en caídas de peóns con consecuencias leves e nas incomodidades xa descritas, pero o firme da rúa debe ser reparado inmediatamente, porque só hay dúas palabras que podan describir a actual situación, indigna e vergoñenta. E só a pasividade e o nulo interés dun goberno pola seguridade e o benestar dos seus veciños e veciñas pode explicar que logo de dous meses non se teña tomado unha soa solución ao...]]></description>
A FESTA DO PEÓN
<description><![CDATA[Arte, xogo e tradición conxugáronse nun evento que reuniu en Fene a 360 nenos e nenas
Cunha “tirada xeral” rematou este mediodía no pavillón do colexio Jorge Juan de Perlío o acto central do “Día do Peón”, organizado conxuntamente por Brinquedia (Rede Galega do Xogo Tradicional) e o Concello de Fene. Alumnos e alumnas dos colexios Mosteiro de Caaveiro (A Capela), do C.P. de Esteiro (Ferrol) e da Jorge Juan (Fene) tomaron parte nesta festa na que falou, como pregoeiro, o escritor e xornalista Ramón Loureiro. O alcalde de Fene, Gumersindo Galego,  e varios concelleiros/as do Goberno Municipal, sumáronse tamén á celebración.
“Cando era neno, para facer bailar os peóns, a corda non se envolvía na madeira como se envolve agora (…) Nós faciamos que a corda pasase polo ferrón dúas veces, e non unha. Tensándoa, ademais, arredor do perucho, para que, cando se lanzaba, o peón, grazas ás leis da física e tamén a certas maxias, xa comezase a virar con máis forza, coma se tivese alma”. Coa maxia da que Ramón Loureiro falaba no seu pregón,  trescentos sesenta peóns xiraron este mediodía en Fene (ao mesmo tempo que se bailaron en moitos recunchos de toda Galicia), atendento a unha nova convocatoria de Brinquedia.
A celebración do Día do Peón comezou en Fene cunha visita dos nenos e nenas participantes a unha exposición sobre a historia deste xogo (cedida por Amics de la baldufa de Barcelona) e con distintos obradoiros de elaboración e decoración de peóns, celebrados nas instalacións do CCRD de Perlío. 
Nunha segunda parte do acto (no pavillón da Jorge Juan) e trala lectura do pregón, os pequenos/as escoitaron e bailaron a canción do peón, ademais de asistir á presentación da viñeta elaborada polo debuxante fenés J.C. Sardiña.
Ao remate, contra as doce e media da mañá, todos os presentes participaron nunha “tirada xeral” de peóns.
O lume sagrado  por Ramón Loureiro
Ídesme permitir empezar, hoxe, cunha curiosidade. Porque resulta que se me estaba acordando unha cousa que esquecera hai anos: que cando era neno, para facer bailar os peóns, a corda non se envolvía na madeira como se envolve agora. Polo menos, non se facía así na miña escola, que estaba non moi lonxe de aquí, ao pé da igrexa de Santa Mariña de Sillobre, onde hai unha fonte que ten o único San Ramón sen barba que esxixte no mundo.
Nós faciamos que a corda pasase polo ferrón dúas veces, e non unha. Tensándoa, ademais, arredor do perucho, para que, cando se lazaba, o peón, grazas ás leis da física e tamén a certas maxias, xa comezase a virar con máis forza, coma se tivese alma.
(Pero en fin, nada, no fondo todo isto non son senón nostalxias. O que verdadeiramente importa é que os peóns, dunha maneira ou doutra, seguen virando. E iso porque, a dicir verdade, non viran por si mesmos, senón porque estades vós para bailalos.)
A min, teño que confesárvolo, gustaríame facer unha demostración agora, e lanzar un peón, pero non son capaz de facelo.
Intenteino hai un par de días, cando estiven practicando, pero nada: caíame co perucho para abaixo.
De feito, e iso tamén volo confeso, nin sequera de neno souben bailalo moi ben.  O meu era unha cousa bastante modesta.
Pero agora, incluso aquelas pequenas artes primeiras, de brillo ben escaso, xa só forman, para min, parte do pasado. ¡Que lle imos facer...!
Mais, aínda así, non deixa de ser para min un motivo de inmensa alegría ver que os peóns seguen virando. En primeiro lugar, e deixádeme de novo subliñalo, porque sodes vós os que os bailades. E en última instancia, porque para min, coas súas voltas, estes xoguetes son hoxe son unha máquina de tempo. Unha ventá aberta a iso que antes vos mencionaba: o que xa esquecera.
Vexo bailar os peóns e acórdaseme, por exemplo, que houbo un día no que pintei un, con ceras de colores, ao pé dunha lareira que aínda quedaba na nosa casa e que non se acendía moitas veces (porque a maioría daas súas funcións xa as facía por aqueles anos unha daquelas cociñas que chamaban bilbaínas), pero que algunhas tardes de inverno aínda iluminaba os camiños do misterio, coa forza do mellor sentidor de contos que existe: ese que Don Álvaro Cunqueiro chamaba “el animal llamado fuego”. O que lle daba sentido á calor do fogar. O lume...]]></description>
O peirao de Santa Cruz afúndese descubrindo un burato de máis de cinco metros 
<description><![CDATA[O peirao de Santa Cruz afundiuse onte por completo deixando ao descuberto un inmenso burato de máis de seis metros de profundidade onde debería estar o recheo que sustentaba esta infraestrutura. Durante a derruba, un camión do servizo municipal que se atopaba baleirando unha foxa séptica afundiuse e foi tragado literalmente polo peirao. No accidente non se produciron feridos, aínda que un operario municipal que se atopaba sinalizando a manobra a piques estivo de ser engulido.
O pasado 20 de xullo de 2010, o alcalde de Oleiros, denunciou publicamente o deplorable estado que presentaba esta infraestrutura e solicitou ao director de Portos que solucionase os danos estruturais do dique. O organismo limitouse a sinalar que non había danos estruturais e cubriu as gretas da superficie cunha capa de cemento. O Goberno local, desconforme coa solución aplicada, sinalou que o peirao estaba perdendo o seu recheo e que cubrir as gretas con cemento non sería unha solución á vez que advertiu do risco para os transeúntes e solicitou o seu peche. 
Xusto un ano despois os riscos sinalados polo Goberno local fixéronse realidade. García Seoane desprazouse ao lugar dos feitos para verificar a gravidade do suceso e solicitou a Portos que os traballos de reconstrución da infraestrutura comecen de inmediato. Esta mañá comezaron os traballos na zona.
Fonte concello de...]]></description>
O Concello de Oleiros organiza o primeiro Encontro de Coidadores de persoas dependentes 
<description><![CDATA[O Concello de Oleiros acolle e organiza o I Encontro de Coidadores de Persoas Dependentes. A cita terá lugar o próximo xoves, 30 de xuño, no teatro das Torres de Santa Cruz. O grupo local de coidadores Descubrindo emocións, vaise reunir con outros dous grupos das localidades de Chantada (Lugo) e A Coruña. Son os grupos Mellorando, de Afachantada, e o grupo Música e Saúde, de Afaco. 
Está previsto que no encontro participen un total de 35 persoas coidadoras, ademais de profesionais que interveñen en cada grupo. Esta cita ten unha dobre vertente: por un lado unha intervención terapéutica que ten como obxectivo clínico mostrar diferentes puntos de vista das persoas coidadoras na hora de atender os seus familiares e, por outro, atopar un espazo de compañía e gozo, non só de experiencias de coidar senón tamén de saúde e benestar.
As actividades colectivas deste tipo reducen a ansiedade e aumentan a sensación de apoio, por iso se organizan estas citas co fin de que as persoas participantes poidan compartir e sumar benestar na súa vida que, polo xeral, está organizada sobre as atencións diarias que deben facilitar aos seus familiares.
Aprender a ser coidadores non é algo automático. A persoa coidadora debe satisfacer as necesidades físicas e emocionais da persoa enferma pero, á vez, deben manter o funcionamento familiar con normalidade. Ser coidador non é algo que se planifica, sucede de forma repentina. Non é estraño que estas persoas sufran alteracións emocionais: estrés, ansiedade, tristeza profunda ou depresión. O 80% das persoas coidadoras sofren a denominada síndrome do coidador, e estas reunións pretenden combatelo.
PROGRAMA DESCUBRINDO EMOCIÓNS
O Goberno local de Oleiros, dando un paso máis alá no seu compromiso polo benestar dos maiores e das persoas dependentes, puxeron en marcha un novo programa de apoio ás persoas coidadoras. Este programa ofrece un espazo terapéutico de apoio, onde as persoas coidadoras se senten escoitadas, apoiadas e comprendidas, conectan con outras persoas e comparten intereses comúns e emocións con persoas que teñen preocupacións e medos similares aos seus; unha oportunidade para facer normais certos pensamentos e preocupacións, ao comprobar que son comúns noutras persoas. 
O programa organízase en obradoiros, cunha duración de oito sesións semanais de hora e media. Unha vez que rematan este obradoiro incorpóranse ao obradoiro de seguimento, que se reúne en dúas sesións mensuais, de dúas horas cada unha, e xa de forma continuada. Esta actividade, achega unha calidade ao que é a atención tradicional a este colectivo, xa que se centra no apoio ao coidador cun dobre obxectivo: mellorar a calidade de vida das persoas coidadoras e reducir a aparición de trastornos psicolóxicos implicados na tarefa de coidar. 
Fonte boletín concello de...]]></description>
Romaría das Merendiñas 2011 Concello de Oleiros
<description><![CDATA[ A romaría das Merendiñas contará coa participación de 1.500 maiores do concello
  O Concello de Oleiros organiza este sábado 4 de xuño, a partir das 13.00 horas, a Romaría das Merendiñas. Ao redor de 1.500 persoas maiores de 60 anos de todo o municipio participan nesta festa, na que colaboran máis de 100 persoas voluntarias, moitos delas pertencentes a colectivos do movemento veciñal oleirense. A festa celebrarase na finca das Torres en Santa Cruz, se o tempo o permite. En caso de choiva, os actos trasladaranse ao pavillón de Santa Cruz, próximo á finca das Torres. 
 Durante a celebración, que se prolongará ao longo de todo o día, poderase gozar do tradicional menú das Merendiñas composto por empanada, roxóns e chourizos ao estilo Santaia. Na sobremesa haberá larpeira de Lorbé, queixo fresco con marmelo e xeados. A festa estará amenizada pola orquestra Os Senadores. Ademais a Banda da Escola Municipal de Música ofrecerá un concerto a  partir das 13.00 horas. Esta festa, está dirixida especialmente ao colectivo de maiores do municipio, é unha xornada especial onde o Goberno local pretende homenaxear a todos os maiores do municipio. As Merendiñas representan toda unha festividade en Oleiros, xa que nesta celebración retómase o espírito tradicional. Os veciños e as veciñas xúntanse para celebrar a primavera cunha comida campestre onde a música e a amizade son protagonistas. TRANSPORTE EN AUTOBÚS Así mesmo, o Concello de Oleiros pon a disposición das persoas interesadas en acudir á festa 10 autobuses que percorrerán todas as localidades de Oleiros desde as 12.30 h da mañá.
  1. Dexo – Lorbé: O Cubo. Aba (marquesiña). Fronte ao bar “A Escola” (marquesiña). O Couto (marquesiña). Igrexa de Dexo (marquesiña). Buinte. Igrexa de Serantes. 2. Maianca – Serantes: Broño. Maianca. Nai Pai. Xoez. Cabreira, Breixo (marquesiña). 3. Dorneda: Franzomel. Abeleiras. Rialta. Arillo. O Couto. Augarrío. 4. Perillo: Beiramar. Bodegas de viños. Parador. 5. Perillo: Solana. Lucín. 6. Montrove:  Centro cultural. 7. Iñás – Nós: As Torres (parada de bus). A Cova. Campamento (parada de bus Betanzos). Arenaza (cruzamento na entrada da urbanización). O Piñeiro. Os Vilares. Chasqueira. Vilanova. Casa do pobo de Nós. 8 e 9. Nós: Casa do pobo de Nos. Río da Veiga (marquesiña), Batán. Mesón da Auga. O Carballo. 10.Oleiros: Pousada, Policía Local (parada bus), Gasolineira, A Barreira (marquesiña).
 Fonte concello de Oleiros
A Consellería de Medio Ambiente está levar a cabo análise exhaustiva da situación na ría do Burgo
<description><![CDATA[A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está arevisar as actuacións de saneamento que executou o anterior Gobernoautonómico e, de xeito especial, as de eliminacións de puntos deverquidos e de contaminación bactereolóxica, á vista de que non seacadaron os obxectivos plantexados. No caso concreto da Ría do Burgo, estase a realizar un seguimento eunha identificación dos puntos de verquidos, co obxecto de coordinarcos concellos, responsables da xestión da rede, as posibles solucións. 
 Fonte http://novas.xunta.es/node/14501
VIVALTUNIN
<description><![CDATA[Mi madriña meu..... sabadiño,... pola tarde,... fiesta tunin en en teleclú.
ERA HORA................................. OU NON, ¡ CONTRA !.
Ista iniciativa, cos tempos que corremos, pode ser unha das poucas cousas que nos poden facer olvidar a xestion esquiva do goberno galego para os seus cidadans.
Eu dubidaba, coma calquer outra persoa, se votar serve para algo... Pero EU....., AGORA...., CANSO......, NON DUBIDO....., COMA CALQUERA OUTRA PERSOA, ¡¡¡¡¡ VOTAR NON SERVE PARA NADA!!!!!!!
Penso que escribo en nome da maioria das persoas que poden ler estas letras. Xente humilde, traballadora, ¡¡¡GALEGA!!!, quenos ultimos tempos estamos a ver como os "nosos xerentes do goberno",adican os seus máximos esforzos en gastar todo canto lles asignaron nosPresupostos Generales del Estado en favor de, en sus palabras,...GASTONECESARIO.
CUANTAS FAMILIAS ESTAN VIVIENDO CON UNA MIERDA DE DINERO QUE NO LLEGA A LA MITAD DE LO QUE CUESTA UNA JODIDA SILLA DE ESAS.
Me parece que SABEMOS TODOS DE QUE HABLAMOS.
POR ESO MISMO. ¡¡¡¡OLE LA INICIATIVA¡¡¡¡ SIMPLEMENTE, HACE FALTA ALGO QUE NOS ENTRETENGA Y QUE NOS APARTE DELMUNDO DE MENTIRAS E INMUNDICIAS QUE NOS QUIEREN METER POR LOS OJOSNUESTROS REPRESENTANTES EN EL MUNDO. OJALA NO LLUEVA Y LUIS, LO SIENTO, PERO TENGO QUE PILOTAR LA HORMIJONERA. OS QUIERO A TODOS. ]]></description>
O AUTOBÚS DO BNG "TRANSFORMANDO GALIZA" ESTARÁ MAÑÁ SÁBADO NA FEIRA ECOLÓXICA DE VILABOA
<description><![CDATA[O autobús do BNG estará mañá sábado 11 na feira ecolóxica de Vilaboa,na zona de Acea de Ama, coincidindo coa feira que visitan milleiros depersoas no segundo e cuarto sábado do mes. Coincidindo coa estancia do autobus do BNG que fai parte da campañainformativa "Transformando Galiza", en que se detallanpormenorizadamente os logros do BNG no goberno galego, e que visitou endatas recentes o noso concello, repartiranse volantinas da campaña doBNG para a mellora do transporte público na comarca.
Fonte blog do BNG de Oleiros ]]></description>
Convocatoria e bases para a provisión dun posto de asesor en Promoción Económica parao o concello
<description><![CDATA[A Xunta de Goberno Local do Concello de Culleredo, aprobou a convocatoria e as bases da mesma para a provisión, mediante concurso-oposición, dun posto de asesor en promoción económica (funcionario interino), grupo A1, da escala de Administración Xeral, subescala técnica.
Máis información BOP 199 de 29/08/07 ]]></description>
Sueldos en nuestro ayuntamiento
<description><![CDATA[Hoy publica el BOP los sueldos "públicos", que se cobrarán en nuestra alcaldía, y como suele ocurrir en estos casos, ni una jota en los medios de comunicación al respecto. Pues nada, ahí os dejo los "susodichos" sueldos. Si teneis paciencia cogeos una calculadora...  PuestoSueldoAlcalde-presidente61.793,27Posto 137.315,92Posto 237.315,92Posto 337.315,9Posto 437.315,92Posto 537.315,92Posto 637.315,92Posto 737.315,92 Y además para los miembros que no tengan dedicación exclusiva cobrarán por asistencias a las sesiones:  EurosPleno  250 Xunta de Goberno Local 220 Comisións informativas:Presidente da Comisión 220 Concelleiro con Delegación220 Concelleiro130 Xunta de voceiros650 
A Candidata do BNG Raquel Jabares creará unha oficina Municipal de rehabilitación
<description><![CDATA[Garantir a mobilidade no Concello e vivendas de aluguer para a mocidade son dúas das iniciativas que o BNG realizará dende o goberno municipal de Culleredo. O BNG de Culleredo ten feito xa dende a oposición numerosas iniciativas nas que a vivenda e a mobilidade eran protagonistas. No programa de goberno son tamén temas de vital importancia con un plantexamento transversal e unha visión sustentable. A candidata do BNG a Alcaldía de Culleredo,Raquel Jabares comprométese a materializar dende o goberno municipal as seguintes propostas.
Por a disposición da Consellaría de Vivenda os terreos precisos para a Construcción de Vivendas de Aluguer para a Mocidade.Creación da Oficina Municipal de Rehabilitación, tanto para os edificios da zona urbana como para as vivendas da zona rural, apostando por convertelas en vivendas máis eficientes enerxéticamente.Plan Municipal de eliminación barreiras arquitectónicas.Garantir un servizo real e constante de transporte adaptado para os veciños e veciñas dependentes.Plan de beirarrúas: que teñan destino, que se poida pasar por elas, eliminar obstáculos, adaptalas para persoas con mobilidade reducidaProxecto Culleredo vive a Ría que garante a mobilidade entre Vilaboa, Corveira, Cordeda, Almeiras e o Burgo co Paseo Marítimo da Ria do Burgo.]]></description>
A Candidata do BNG á Alcaldía de Culleredo presenta os compromisos de goberno no eido da sustentabil
<description><![CDATA[O coidado do noso entorno é fundamental para garanatir unha mellor calidade de vida da xente. Os derroches enerxéticos, nomeadamente auga e electricidade son unha constante en Culleredo repercutindo non só no mal aproveitamento dos nosos recursos naturais senón tamén nas arcas municipais. O BNG fai unha aposta decidida pola xestión sustentable, optimizandorecursos e coidando o noso entorno.Raquel Jabares declarou: o noso proxecto de goberno é transversal, epor iso a sustentabilidade é para nos unha filosofía de xestión entodas as áreas municipais facendo partícipes dende o Concello a todosos veciños e veciñas de Culleredo. Ademáis implementaremos as seguintesmedidas de goberno:  -	Fomentaremos o uso de enexías renobábeis, comezando polos edificios municipais.
-	Abordaderos con decisión o desenvolvemento da Axenda 21.
-	Xestionar ante AUDASA a colocación de barreiras vexetais para diminuir o impacto visual e acústico da autoestrada.
-	Promoveremos a ordenación do tendido eléctrico e telefónico - Creación dun Departamento de Meio Ambente, con persoal de perfil ecoñecementos técnicos na materia, que entre outras cousas teria queencargarse da xestión do mandato legal de aplicación da Lei IntegradaContra a Contaminación;
- Auditoría ambiental co fin de aplicar a AXENDA 21 - Xestión do lixocon criterios das 3 R: reducir, reutilizar e reciclar, para iso énecesario campañas de implicación a poboación en xeral e a colectivosespecificos, comerciantes, empresas, domésticos, etc
-	Declaración de Alvedro como aeroporto urbano.]]></description>
Hoxe o BNG presenta unha denuncia contra o PSOE por publicidade irregular
<description><![CDATA[O BNG de Culleredo detecta novamente irregularidades na campaña electoral do PSOE. En anteriores comicios esta organización política que encabeza o actual Alcalde, Julio Sacristán, ten enviado cartas pagadas con diñeiro das arcas municipais para convidar a actos do PSOE. Nesta ocasión utilzan de xeito irregular a imaxe corporativa do Concello de Culleredo na sua propaganda electoral.
Hoxe mesmo o BNG presentou no rexistro municipal unha petición para ter copia do convenio de colaboración entre o PSOE e o Concello de Culleredo para comprobar o diñeiro que se aportou dende as arcas municipais. Asimesmo, esta tarde presentarase a correspondente denuncia ante a Xunta electoral para que retiren a publicidade.
Para Isidro Taibo, responsabel local do BNG e número tres da candidatura " estas prácticas responden a desidia que impera no Concello despois de 24 anos de goberno socialista, xa non é a primeira vez que utilizan os medios municipais para beneficio do seu propio proxecto electoral." ]]></description>
A Candidata do BNG á Alcaldía de Culleredo presenta as medidas de goberno sobre Novas Tecnoloxías
<description><![CDATA[O Bloque Nacionalista Galego de Culleredo presenta hoxe publicamente as propostas de goberno para rachar a fenda dixital que nestres intres ten Culleredo. Con case 30.000 habitantes, este concello ten amplas sombras de conectividade nomeadamente na zona rural ademáis da gran carencia en administración dixital. Raquel Jabares declarou: Para o BNG o acceso a internet é un servizo básico que deben ter garantido a totalidade da xente. Unha administración con vontade de participación, que pensa no benestar dos seus veciños e veciñas, debe aportar polas novas tecnoloxías con un portal web onde a cidadanía poida facer xestións e consultar temas do seu interese. Rachar a fenda dixital en Culleredo é unha das nosas apostas estratéxicas, e para este fin temos contempladas as seguintes medidas de goberno:
 Daremos un impulso firme e decidido as TIC, facilitando oa coñecemento e o uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación e achegándoas a toda a cidadanía.
Traballaremos para garantir conectividade na totalidade do Concello con especial atención á zona rural. Crearemos un autentico portal web municipal con información suficiente e transparente que permita facer xestións telemáticas.Dinamizar a Radio Municipal, dando mais espazos ao tecido asociativo e garantido información e transparecia da información municipal (retransmisión dos Plenos) Creación da figura do dinamizador dixital que estará presente nas aulas informáticas municipal e a dispor das asociacións que os requiran.]]></description>
Medidas de goberno para Educación en Culleredo
O Memorial ás vítimas do franquismo na comarca será instalado na Coruña antes de que remate o ano
O goberno unta a PSA de Vigo con 16 millóns de euros para fabricar un coche híbrido 
<description><![CDATA[E despois dinnos que nos van a subir os impostos para pagar prestacións. Merda, non hai un político que diga unha verdade nin ó que lle importe nada o noso porvir. Pregúntome eu, porqué carallo lle teñen que dar máis de 16 millóns de euros a unha empresa privada só para que fabriquen un vehículo híbrido. Se son empresas privadas que busquen o  nicho de mercado e se o poden explotar que o fagan, e senón que abandonen a idea e punto.Xa estamos ata o carallo de despilfarros políticos, e este ó outro máis da etapa zapateril. Nesta ocasión, quen solta os cartos alegremente é o  Ministerio de Industria, Turismo y Comercio que dirixe... bueno, que máis da quen o faga, se todos xuntos non valen un peso!
O 40% da xuventude en paro e este goberno regalando alegremente os nosos cartos a empresas privadas. Que noxo!  ]]></description>
MANIFESTACIÓN CONTRA O DESALOXO DAS ATOCHAS
<description><![CDATA[Este sábado 26 de decembro hai convocada unha manifestación, á que agardamos asistades
 Esta vez non se trata só de brandir bandeiras, senón de acadar algo: que non desaloxen a Casa das Atochas. E é que a inxusta xustiza comeza a activar o seu sucio engranaxe para botarnos, despois de case dous anos, e para impedir que construamos na súa marxe as nosas vidas, que intentemos camiñar xunt*s cara unha vida máis libre. É momento de demostrar que non nos deixamos manipular tan fácilmente, que non somos marionetas no seu xogo de donos e escrav*s, que non cremos nas súas propiedades. Por iso convocamos unha «solemne mani contra o desaloxo da real Casa das Atochas» na longa resaca do Nadal. Será un pracer para a asemblea compartir convosco, persoas, colectivos, nestas entrañables datas, esta xuntanza elaborada artesanalmente como antano, con ira e liberdade, contra o desaloxo, o aburrimento, os bancos, a lóxica, os cartos, as oposicións e a vida de ful, pola okupación, polas asembleas, pola igualdade, pola fraternidade, polo aire
 polo que non son gobernos, bancos, empresarios exemplares, vocacións, curros maravillosos, viaxes a Cancún, listas de boda
 pol*s cormoráns, por tutatis, pola cara, polo santo punk, polas follas de herba, polo sagrado embigo, polas palabras tan grandes como liberdade ou polas palabras tan pequenas como cada unha das nosas vidas. Vinde ou enviade os vosos hologramas, ou anacos que desexedes mandar ou perder de vista. A rutina dos caciques non é a nosa lei; que o saiban.
E que non teñamos que arrepentirnos de non facer por manter unha casa na que ó longo de case dous anos estamos, estades a intentar vivir fóra da forma imposta. (Si, esa casa na que ti, jarcoreta, estiveches pogueando salvaxemente; na que ti, gafapasta, puxeches cara de interesante na presentación dun corto alternativo; na que ti, costra, entraches co teu calimocho e o bebiches dentro; na que ti, disidente, debatiches despois dunha palestra incendiaria; na que ti, voceir*, presentaches a publicación do teu colectivo; na que ti, jipi, compartiches o teu xantar e o teu sorriso; na que ti, gandul*, ganduleaches ás túas anchas e conseguiches sentir esa casa como túa 
Traede ganas de cambia-lo mundo ou, no seu defecto, pancartas, silbatos, fachos 
 Fonte http://www.casadasatochas.info/
Por fin o Plus dos Altos Cargos a debate
<description><![CDATA[A CIG considera lamentábel que PP e PSOE anunciaran o seu voto encontra da Iniciativa Lexislativa Popular promovida pola CIG para asupresión do plus dos altos cargos.
O17 de xuño de 2008 entregábanse no rexistro do parlamento, as máis de19.000 sinaturas recollidas pola CIG para promover unha IniciativaLexislativa Popular para a derrogación do chamado plus dos altoscargos. Transcorrido máis dun ano anúnciase que a ILP será debatidapolo pleno do Parlamento o próximo día 9 de decembro. A CIG valorapositivamente que se incluíra, por fin, o debate da ILP na orde do díada sesión plenaria. Porén, lamenta o acordo de PSOE e PP de votar encontra, máis cando desde o goberno se está xustificando a conxelacióndos salarios dos empregados públicos alegando unha suposta política deausteridade, pero se manteñen os gastos derivados deste plus Mentresque os orzamentos da Xunta contemplan a conxelación salarial dosempregados públicos,  cando máis da metade deles non superan os 945euros; apraza, en principio até o 2014 a aplicación dos acordosretributivos para o persoal do SERGAS e adía sine die a posta en marchados Plans de Mellora da Atención primaria e de Saúde Metal; reduce osorzamentos destinados ao Ensino Público galego nun 0,9% respecto dos doano pasado; liquida a gratuidade dos libros de texto e anunciadespedimentos masivos nas oficinas de I+B ou nos centros públicos deinvestigación e desenvolvemento tecnolóxico, mantén este plus paraaqueles funcionarios que se teñan reincorporado ou se reincorporen, endiante, ao servizo activo logo de ter desempeñado postos coaconsideración de altos cargos na Administración galega durante dousanos continuados ou tres con interrupción.
 Omáximo complemento de destino que se cobra na administración galega é onivel 30 (11.721 euros anuais, consonte a Lei 14/2006, do 28 dedecembro, de orzamentos xerais de Galiza para 2007). O que aprobou oparlamento galego foi a consolidación dun nivel retributivo superior en3.000 euros ao nivel 30, para aqueles funcionarios públicos quedesempeñase altos cargos na Xunta de Galiza e a súa administracióninstitucional desde 1981, data de aprobación do Estatuto de Autonomía.Ou sexa, que terá carácter retroactivo.
Quebranta os principios de igualdade, mérito e capacidade Pódeseentender que esta norma quebranta o principio de igualdade (art. 14C.E) e os de mérito e capacidade (art. 103.3 C.E.). Deste xeito,estaríanse introducindo elementos de discriminación entre funcionariosque desempeñan tarefas idénticas e perciben retribucións dispares porrazón de circunstancias xa pasadas e polas que foron compensados no seumomento cunha maior retribución.
 Poroutra banda, o aumento retributivo asimílase ao nivel de directorxeral, o que supón rebordar o límite dos trinta niveis legais queintegran a careira administrativa. Isto supón introducir un nivelretributivo supremo que só poden alcanzar os funcionarios quedesempeñaron altos cargos (de designación política) e nunca osfuncionarios que seguen unha carreira ordinaria, por exemplar ebrillante que esta sexa. Deste xeito, estase trasladando o méritopolítico á orde dos méritos da carreira funcionarial.
 Créaseademais, unha profunda fenda entre o funcionariado de carreira e oresto dos cidadáns que, non sendo funcionarios públicos, desempeñaronou van desempeñar nalgún momento das súas vidas cargos públicos ou derepresentación política.
 Estescidadáns, sexan traballadores da empresa privada, persoal laboral dasadministracións públicas, desempregados ou pensionistas, non venrecoñecida a súa participación nos asuntos públicos mediante unharetribución como a que se estabelece para o funcionariado, o que éincoherente co imperativo do artigo 9.3 da Constitución, que obriga aospoderes públicos a facilitaren a participación de todos/as, senexcepcións nin favoritismos, na vida pública.
 Anteisto, a CIG fai un chamamento a PP e PSOE a que reconsideren a súaanunciada posición e derroguen este plus, porque do contrario estaránavalando non xa un gasto inadmisíbel cando se recortan os orzamentos encapítulos básicos para garantir uns servizos públicos de calidade,senón mesmo unha política discriminatoria e que atenta contra o dereitofundamental a participar en condicións de igualdade aos cidadáns ecidadás na vida pública.
 Fonte cigadmon.org
O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) oferta cursos de Sw libre
<description><![CDATA[ Dentro desa oferta hai varios cursos sobre Sw Libre. Velaquí estes cursos xunto a outros xenéricos:
Administración avanzada de sistemas operativos Linux (certificación LPIC 2), 64 hs, obtense certificación, data 26/10/2009, imparte IBMAdministración de sistemas operativos Linux (certificación LPIC 1), 80hs,  obtense certificación, data 27/10/2009, IBMGoberno corporativo das TIC. Fundamentos de Cobit e implantación de IT governance, 21hs, sen certificación, data 06/11/2009Fundamentos de ITIL (Vigo), 20hs, obtense certificación, data 06/11/2009, ITILFundamentos de ITIL (A Coruña), 20hs, obtense certificación, data 20/11/2009 ITILAdministración de S.O. Red Hat Linux - Nivel Certified Engineer.Certificación RHCT RHCE, 64hs, obtense certificación, data 25/01/2010,Red HatAdministración de S.O. Red Hat Linux - Nivel Certified Engineer.Certificación RHCT RHCE, 80hs, obtense certificación, data 26/01/2010,Red HatDirección de proxectos informáticos (Certificación CAPM) - Vigo, 36hs, obtense certificación, data 29/01/2010, PMIAdministración de bases de datos MySQL, 48hs, obtense certificación, data 01/03/2010, MySQLDesenvolvemento de aplicacións WEB con PHP e MySQL sobre Apache, 80hs, obtense certificación, data 06/04/2010, MySQLImplementación de VoIP con Asterisk, 36hs, sen certificación, data 03/05/2010, ASTERISK Podes descargar o folleto informativo | Fonte agnix.org