Inicio arrow Webs útiles
Tamaño letra
A+ | A- | Reset
Usuarios
Inicio
Inicio Inicio
Mapa del sitio
Nuestra localidad
Calendario de eventos
Directorio local
Buscar en este sitio
Mas ...
Chat Chat
Libro de visitas
Anuncios gratis
Foros Foros
Encuestas
Usuarios de la web
Fotos de los usuarios
Ads by Google
Empleo
Ofertas de empleo
Entretenimiento
Postales para enviar
Chistes diarios
Traduce con google
Horóscopo
Juegos
Recomendamos
Webs útiles Webs útiles
Escriben
admin (274 art.)
Antonio (53 art.)
anxo (35 art.)
censuras (8 art.)
El enterrador (28 art.)
gelines (42 art.)
liberdade (1 art.)
neboa21 (2 art.)
Olalla (1 art.)
paco (1 art.)
thaismayor (28 art.)
Thor (4 art.)
Otros blogs
www.corunacity.com
www.culleredoxove.com
www.carralxoven.com
www.cambrexoven.com
www.oleirosxoven.com
www.betanzosweb.com
www.melidexove.com


Google
Generalmente estamos navegando. Cuando encontramos algun sitio interesante lo listamos aquí para que también lo disfrutes.
Selecciona el tema que más te interese de esta lista y escoge el sitio Web que quieres visitar.
. Si conoces alguna web interesante que quieras dar a conocer haz clic AQUI (deberás de estar registrado primero) o solicítanos un nuevo tema a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla y en unas horas será incluído.

OLEIROS PON EN MARCHA O PROGRAMA DE EDUCACIÓN PARA A SAÚDE E PREVENCIÓN DE DROGAS E ALCOHOL PDF Imprimir E-Mail
Comparte:
Chuza
Menéame
Wikio
Hazmereir
Promotingblogs
escrito por Antonio   
17/02/08
O centro de información xuvenil levará a cabo un programa integral de educación para a saúde e prevención das drogodependencias para traballar, principalmente, con mozos e mozas de Oleiros, co obxecto xeral da coordinación de accións preventivas de consumo de drogas, favorecendo a adquisición de hábitos de vida saudables a través de obradoiros nos centros de ensino, así como acadar unha participación integral da comunidade nas accións preventivas levadas a cabo fora do eido escolar.

O programa vai dirixido a rapaces de 5º e 6º de primaria dos CEIP , todos os cursos da ESO e de Bacharelato, incluídos os Ciclos Formativos, dos IES de Oleiros, así como a pais e nais dos rapaces destinatarios do programa, profesores dos Centros de Educación Primaria e secundaria Obrigatoria de Oleiros e veciños e veciñas do municipio, en xeral.

Con este programa o Concello de Oleiros pretende acadar dous principias obxectivos, por una lado, o de poñer a disposición dos mozos e mozas de Oleiros información e formación en prol de evitar problemáticas asociadas ao consumo de drogas, e por outro lado, implicar a toda a comunidade nesta estratexia para a potenciación de hábitos de vida saudables.

Para elo, realizaranse distintas actividades que responden a catro liñas estratéxicas de intervención:

  • Obradoiros educativos intracurriculares para traballar cos rapaces e rapazas nos centros de ensino os seguintes temas: educación para a saúde, o fenómeno das drogodependencias e conceptos básicos, habilidades sociais, información sobre substancias –droga, actitudes cara as drogas e crenzas normativas, estratexias cognitivas e control emocional, ocio e tempo libre, pautas para o consumo responsable e reducción de riscos,…
  • Grupos de Encontro creando un espazo de encontro partipativo onde os pais e nais poidan reflexionar, debater, asesorarse e informarse sobre aquelas cuestións relacionadas coa temática a abordar.
  • Servizo de asesoramento para Centro educativos, para ofrecer, por un lado, asesoramento e apoio para a xestión e posta en marcha de aqueles cursos ou xornadas formativas que os equipos docentes dos distintos centros desexen facer en materia de prevención das drogodependencias, por outro lado, asesoramento e apoio técnico-docente para a creación e/ou consolidación de equipos de mediación para intervir en situacións de conflicto, previstos nos Plans de Convivencia dos Centros Educativos e por último, para asesorar aos profesores, sempre que eles o demanden, de cómo intervir nuha situación de crisis ou de conflicto enmarcada no ámbito das drogodependencias, así como informar dos recursos aos que deben acceder ( profesores, pais e nais e/ou alumno/a) si fose necesaria unha intervención profesional especializada para abordar o conflicto.
  • Intervención comunitaria. Como unha das liñas fundamentais para a intervención comunitaria e prevención de drogodependencias crearase un equipo de mediadores xuvenís en educación para a saúde. Ademáis, realizaranse obradoiros formativos para entidades e espazos creativos da saúde co fin de vincular o programa a un tempo e un espacio diferente á intervención que se fai nos centros educativos, no que a mocidade que amose un maior nivel de implicación e motivación teña un espacio para canalizar iniciativas de cara a desenvolver unha campaña de educación para a saúde e prevención das drogodependencias.

  • Votar favorito (43) | Visto: 5244

    Comentarios
    RSS de los comentarios

    Escribir Comentario
    • Por favor, mantenga el tópico de los mensajes en relevancia con el tema del artículo.
    • Lenguaje inapropiado será borrado.
    • Por favor, no use los comentarios para promocionar su sitio, ese tipo de mensajes serán removidos.
    • Aségurse de *Recargar* la página para mostrar un nuevo código de seguridad antes de cliquear 'Enviar', en caso de haber ingresado un código incorrecto.
    Nombre:
    E-mail
    Sitio Web
    Título:
    Comentario:



    Código:* Code
    Deseo ser informado por correo de los comentarios a esta noticia

    Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6

    Modificado el ( 17/02/08 )
     
    < Anterior   Siguiente >

    Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
      by Boboras. Licencia Creative Commons