Generalmente estamos navegando. Cuando encontramos algun sitio interesante lo listamos aquí para que también lo disfrutes.
Selecciona el tema que más te interese de esta lista y escoge el sitio Web que quieres visitar.
(deberás de estar registrado primero) o solicítanos un nuevo tema a
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
y en unas horas será incluído.
|
A ORDENANZA DE MOBILIDADE DO CONCELLO DE OLEIROS ENTRA EN VIGOR |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
03/04/08 |
A nova Ordenanza de
Mobilidade do Concello de Oleiros xa é unha realidade e os Policías Locais xa
traballan co novo texto, en vigor dende o pasado mes. Esta norma municipal trata
de resolver os problemas que existen na actualidade na circulación no Concello.
Os cambios da normativa de seguridade vial (carné por puntos, etc), aconsellaron
unha nova regulamentación municipal que desenvolva correctamente a lexislación
vixente.
As pretensións da Ordenanza son lograr a
reducción da siniestrabilidade viaria en Oleiros a través de medidas que
reconduzan as conductas infractoras e eliminen as perigosas. Pretendese
concienciar de xeito cívico a todos os usuarios, incluídos aos peóns, que
reciben medidas que os protexen pero que terán que utilizar as vías pùblicas con
respecto frente aos demais.
Outro obxectivo
é a axeitada distribución dos aparcamentos. Como novidades neste apartado están
as limitacións de estacionamentos que na actualidade se consideran irregulares
(acampadas irregulares, vehículos de alto tonelaxe nas vías urbanas que non
poden estacionar, vehículos que se ofrecen á venda na vía pública). Todo
vehículo de máis de 3,5 toneladas non poderá estacionar nas vías urbanas, e esta
práctica é levada a cabo habitualmente polos propietarios de camións,
ocasionando un prexuízo para os veciños residentes na zona, polo que se vai
controlar especialmente en beneficio de todos os usuarios.
Novidade da Ordenanza tamén é a fixación de zonas especiais
nas que se establezan medidas de protección de diversos usuarios da vía pública,
en especial os peóns. Dentro de esta zonificación especial atópase tamén a
fixación de tramos da vía onde a velocidade se reduce a 30 km/h. En canto á
celebración de probas deportivas ou festas establece o principio da necesidade
de autorización previa á celebración destes actos, por motivos de seguridade e
para facilitar o control da Policía Local.
A Ordenanza
recolle tamén a prohibición de ocupar a vía pública con máquinas ou aparatos
recreativos sen permiso e tamén se prohíbe o ofrecemento de productos a
conductores en paradas de semáforos. A Policía Local poderá tamén cancelar xogos
na vía pública (rúas e prazas) que causen moletias aos demais (singularmente
peóns, que tamén se ven amparados por esta nova regulación), e mesmo poderá
requisar os obxectos para a práctica destes xogos.
Incide o novo
regulamento tamén na obriga dos titulares de vehículos de mantelos en bo estado,
facendo especial mención ao réxime dos vehículos abandonados, establecendo o
protocolo de retirada destes. Xa se atopaban controlados logo da Ordenanza de
limpeza de 2005, e se instrúen numerosos expedientes deste tipo.
A
Ordenanza remata co réxime sancionador aplicable dentro do marco da lei de
seguridade viaria, e incorpora como anexo para facilitar a súa comprensión unha
relación codificada de infraccións. Fonte web municipal.
Votar favorito (33) | Visto: 1732
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |