Generalmente estamos navegando. Cuando encontramos algun sitio interesante lo listamos aquí para que también lo disfrutes.
Selecciona el tema que más te interese de esta lista y escoge el sitio Web que quieres visitar.
(deberás de estar registrado primero) o solicítanos un nuevo tema a
Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
y en unas horas será incluído.
|
O SERGAS SUPRIME O CONSULTORIO MÉDICO DE IÑÁS LOGO DE QUINCE ANOS DE PRESTACIÓN PÚBLICA |
|
|
|
|
escrito por Administrator
|
|
08/05/07 |
O Servizo Galego de Saúde (SERGAS), dependente da Xunta de Galicia, suspendeu a prestación médica de atención primaria no consultorio ubicado na Casa do Pobo de Iñás, logo de quince años ininterrompidos. Esta medida colleu por sorpresa aos veciños da localidade, na súa maioría persoas maiores, que non recibiron nin aviso previo nin explicación de ningún tipo permanecendo durante o día de hoxe á espera de que aparecera o facultativo que teñen asinado, unha vez á semana, para a expedición de receitas, principal actividade que se desempeñaba no consultorio.
Ante a gravidade dos feitos, o Concello de Oleiros realizou as xestións
oportunas ante o médico titular para coñecer o porque da nova situación
obtendo, ao respecto, como resposta que se trataba dunha decisión
adoptada por responsables superiores para suprimir o servizo e derivar
ós pacientes ós consultorios de Oleiros e Nos.
Pola súa banda, o goberno local esixirá á Consellería de Sanidade o restablecemento inmediato do servizo en Iñás
ata que entre en funcionamento o futuro centro de saúde, a ubicar en
Santa María, para dar servizo ás parroquias de Nos, Iñás e Oleiros. De
non ser así, esta medida perxudicará notablemente a moitos veciños que
verán así mermadas as súas posibilidades de desprazamento xa que se
trata de persoas de idade avanzada e con problemas de mobilidade.
¡Que vergoña!.
Votar favorito (45) | Visto: 2515
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
|
Modificado el ( 08/05/07 )
|