| Tamaño letra |
|---|
| Usuarios |
|---|
| Inicio | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|
|
| Mas ... | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
| Ads by Google |
|---|
| Empleo | |
|---|---|
|
| Entretenimiento | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
| Recomendamos | |
|---|---|
|
| Escriben | ||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
| Otros blogs |
|---|
|
www.corunacity.com www.culleredoxove.com www.carralxoven.com www.cambrexoven.com www.oleirosxoven.com www.betanzosweb.com www.melidexove.com |
| O CONCELLO REGULARIZA OS ACTOS DE ACOLLEMENTO CIVIL |
|
|
|
| escrito por gelines | ||||||
| 10/10/08 | ||||||
|
O acto consiste en facer unha presentación dos nenos e das nenas do concello á comunidade, cando os seus pais, de xeito voluntario, así o soliciten. A celebración realzarase nas instalación municipais. Estes actos son de natureza civil e laica e pretenden institucionalizar o compromiso do Concello de Oleiros cos dereitos dos nenos/as do municipio, cumprindo deste xeito co texto da Declaración universal dos dereitos do neno, do ano 1959, e coa Convención de dereitos do neno do ano 1989, ambas as dúas aprobadas pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas. Compromiso que se vén exercendo desde hai moitos anos polo Goberno municipal de Oleiros adoptando medidas para protexer a infancia e fomentar a educación sobre bases de democracia, tolerancia e a posibilidade de plena participación na vida municipal. Deste xeito, a labor do goberno local de Alternativa dos Veciños centrouse en poñer á súa disposición espazos públicos, centros escolares, educativos, culturais e deportivos nun contexto multicultural e de cohesión social. «Con esta nova cerimonia preténdese iniciar aos máis pequenos no camiño das actitudes cívicas que lles conduzan a un porvir baseado na dignidade humana, liberdade, igualdade e solidariedade», sinalou a concelleira de Interior do Concello de Oleiros, Maria José Varela. Nestes actos os pais e os padriños do neno ou nena, manifestarán o compromiso con estes valores para que os cativos se convertan en cidadáns libres e iguais en dereitos e deberes. Os acollementos civís non producen efectos legais nin ningún privilexio para os nenos no acceso aos servizos municipais. Requisitos Os requisitos para a súa celebración son estar empadroados no Concello de Oleiros, non ter unha idade superior aos 2 anos e que os pais ou representantes legais o soliciten formalmente no Rexistro Xeral do Concello. Fonte concello de Oleiros Votar favorito (21) | Visto: 974
1. 10-10-2008 22:02 me parece una auténtica gilipollez,el bautismo es un sacramento para creyentes,los no creyentes no se bautizan y no pasa nada,y mientras problemas de educación de nuestros hijos,desorganización,insultos,acosos,amenazas,todas ellas consentidas por este gobierno alternativo que sólo mira por lo suyo,propio egoísmo auténtico y parece mentira en PSOE y bloque que esten convirtiendose a las creencias de esta supuesta sectacomunidad.Habría que consultar el numerosisimo´grupo de gente que quiere convertirse a este montaje ya que seguro que sólo quieren fiesta y pasta. Escribir Comentario
Powered by AkoComment Tweaked Special Edition v.1.4.6 |
||||||
| Modificado el ( 10/10/08 ) | ||||||
| < Anterior | Siguiente > |
|---|
Política de privacidad |Contactos | CSS and XHTML
by Boboras. Licencia Creative Commons