error

Unable to get weather data from Google.
Service is offline.

Home

Que te cuentas!

!Debes de tener Javascript activado para comentar.
Invitado alejandra carbone dijo:
2010-03-08 19:46:34
Intento conectarme con vecinos y amigos de oleiros despuesnde tanto tiempo. Mi mail es karakola77@yahoo.com
Invitado visto dijo:
2010-03-01 13:57:22
visto
Invitado AMIGOSPORTINCAMBRE dijo:
2010-02-24 08:07:46
Os comunico que desde hace poco existe una nueva Web (no oficial) en la que se actualizan semanalmente todos los resultados del futbol base. Esta tiene un formato muy sencillo pensando en que sea visitada por los niños. La encontrareis en google escribiendo amigospcambre (http://personales.ya.com/amigospcambre/). Espero que os sirva de ayuda. Si la encontrais util darla a conocer (añadiendo links,etc.....). Un saludo
Invitado Gonzalo dijo:
2010-02-18 16:41:16
A ver si la gente se queja, y solicita la ampliación del paseo marítimo entre San Pedro de Nos y el Puente Pasaje. Es una verdadera pena que no temga continuidad. Además, hay mucha gente de San Pedro que para ir a la playa de Sta Cristina en verano, va andando y tienen que ir por la carretera.

Top Autores

admin: 430 Articles
Antonio: 86 Articles
gelines: 68 Articles
El enterrador: 43 Articles
anxo: 41 Articles
thaismayor: 26 Articles
censuras: 12 Articles
Domodesk: 11 Articles
Thor: 8 Articles
flagbeer: 3 Articles

Sindicaciones

Juegos al azar

Alien Attack
Veces jugadas: 575
 
Frogger
Veces jugadas: 603
 
Juguemos al fútbol
Veces jugadas: 580
 
Happy Memory
Veces jugadas: 703
 
Snake
Veces jugadas: 485
 

Usuarios en linea

Tenemos 351 invitados conectado(s)
Normas reguladoras da organización dos acollementos civís do Concello de Oleiros
Blogs - Asuntos sociales
3437 hits
Escrito por Administrator   
Jueves, 08 de Enero de 2009 00:04
Hoxe o BOP publica as normas reguladoras da organización dos acollementos civís do Concello de Oleiros.
Artigo 1:
Constitúe o obxecto do presente documento a regulación da organización do acto social denominado “acollemento civil” ou “acto de benvida á comunidade”, en cuxa virtude o concello fa¡ público un recoñecemento de acollida ao neno ou nena que naceu e/ou que vive en Oleiros, e se compromete, xunto coa súa familia, a velar pola súa educación e a defender e garantir os seus dereitos.
Artigo 2.–Finalidade.
O acollemento civil non produce efectos legais nin presupón privilexio algún ou preferencia do neno ou nena acollido no acceso aos servizos municipais.
Estes actos de benvida á comunidade reafirman o compromiso do municipio por avanzar cara unha sociedade máis libre, xusta e democrática, na que os dereitos dos nenos gocen dunha protección preferente.

Artigo 3.–Suxeitos.
Este acto social está dirixido aos nenos e nenas do concello de Oleiros.

Artigo 4.–Requisitos.
a) Estar empadroado no concello de Oleiros.
b) Non ter unha idade superior a dous (02) anos.
c) Consentimento dos representantes legais do menor.

Artigo 5.–Procedemento.
Presentación dunha instancia na Oficina de Atención ao Cidadán do Concello solicitando a participación no acto social asinada polo representante legal do menor, achegando unha fotocopia dos documentos nacionais de identidade e do libro de familia/ documento acreditativo da dita representación legal. A acreditación dos datos padroais farase de oficio polos servizos municipais.
Se a instancia non reunira todos os requisitos, a Oficina de Atención ao Cidadán comunicará aos interesados a non procedencia da súa tramitación. De estar completa tramitarase a petición, comunicándose no termo dun mes ao solicitante o día e o lugar de celebración do acto.
Os pais poderán designar dúas persoas como máximo que actuarán como padriños na cerimonia, asumindo os mesmos compromisos que aqueles en canto a formación do neno ou nena nos principios e valores democráticos, e debendo velar polo respecto dos seus dereitos.

Artigo 6.–Celebración.
No acto de celebración, que terá lugar na Casa Charry e será presidido polo alcalde/sa ou concelleiro/a en quen delegue, procederase á lectura ao neno/a e aos seus representantes legais e padriños da Declaración dos dereitos do neno proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa resolución 1386 (XIV), de 20 de novembro de 1959.
Os representantes legais e padriños formularán compromiso de educalo/a segundo os principios que se recollen nese texto e nas demais normas vixentes no estado español.
Os actos poderán ser individuais ou colectivos, podendo asistir os familiares e amigos/as do neno ou nena, coas únicas limitacións que impoña o aforo da sala ou espazo no que se realice a cerimonia.
O presidente/a levantará acta, que será asinada polos representantes legais do neno ou nena e, no seu caso, polos padriños.

Disposición derradeira.
Esta normativa entrará en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín Oficial da Provincia, e transcorrido o prazo sinalado no artigo 65.2 en relación co 70.2 ámbolos dous da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.”
Oleiros, 17 de decembro de 2008

Fonte Boletín Nº 4. MiÉrcoles, 7 de enero de 2009
Comentarios (0)

 

Privacidad + Legal | CSS | XHTML
2010 boboras Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.