| Fifa World Cup Jugado: 4018 veces |
| Moto Cross Jugado: 2353 veces | |
| Penguin Push Jugado: 3730 veces |
| Frogger Jugado: 3833 veces |
| Happy Memory Jugado: 4011 veces |
| Escuela Ma Tsun Kuen de Tai Chi Chuan Deportes (05.09.2010) | |
| SMS Control Advance - encendido remoto co SMS Domótica y Seguridad (25.08.2010) | |
| Directiva 2010/31/UE - RD 1826/2009 Domótica y Seguridad (25.08.2010) | |
| KIT CONTROL BIOMÉTRICO ACCESO HUELLA + TARJETA RFID PARA ELECTROCERRADURA Hogar (24.08.2010) | |
| Domótica sin cables Osiris RF - Proyectos e instalación. Domótica y Seguridad (24.08.2010) | |
| Normas reguladoras da organización dos acollementos civís do Concello de Oleiros |
| Blogs - Asuntos sociales |
3579 hits |
| Escrito por Administrator | |
| Jueves, 08 de Enero de 2009 00:04 | |
|
Hoxe o BOP publica as normas reguladoras da organización dos acollementos civís do Concello de Oleiros. Artigo 1: Constitúe o obxecto do presente documento a regulación da organización do acto social denominado “acollemento civil” ou “acto de benvida á comunidade”, en cuxa virtude o concello fa¡ público un recoñecemento de acollida ao neno ou nena que naceu e/ou que vive en Oleiros, e se compromete, xunto coa súa familia, a velar pola súa educación e a defender e garantir os seus dereitos. Artigo 2.–Finalidade. O
acollemento civil non produce efectos legais nin presupón privilexio
algún ou preferencia do neno ou nena acollido no acceso aos servizos
municipais. Estes actos de benvida
á comunidade reafirman o compromiso do municipio por avanzar cara unha
sociedade máis libre, xusta e democrática, na que os dereitos dos nenos
gocen dunha protección preferente. Artigo 3.–Suxeitos. Este acto social está dirixido aos nenos e nenas do concello de Oleiros. Artigo 4.–Requisitos. a) Estar empadroado no concello de Oleiros. b) Non ter unha idade superior a dous (02) anos. c) Consentimento dos representantes legais do menor. Artigo 5.–Procedemento. Presentación
dunha instancia na Oficina de Atención ao Cidadán do Concello
solicitando a participación no acto social asinada polo representante
legal do menor, achegando unha fotocopia dos documentos nacionais de
identidade e do libro de familia/ documento acreditativo da dita
representación legal. A acreditación dos datos padroais farase de
oficio polos servizos municipais. Se
a instancia non reunira todos os requisitos, a Oficina de Atención ao
Cidadán comunicará aos interesados a non procedencia da súa
tramitación. De estar completa tramitarase a petición, comunicándose no
termo dun mes ao solicitante o día e o lugar de celebración do acto. Os
pais poderán designar dúas persoas como máximo que actuarán como
padriños na cerimonia, asumindo os mesmos compromisos que aqueles en
canto a formación do neno ou nena nos principios e valores
democráticos, e debendo velar polo respecto dos seus dereitos. Artigo 6.–Celebración. No
acto de celebración, que terá lugar na Casa Charry e será presidido
polo alcalde/sa ou concelleiro/a en quen delegue, procederase á lectura
ao neno/a e aos seus representantes legais e padriños da Declaración
dos dereitos do neno proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas
na súa resolución 1386 (XIV), de 20 de novembro de 1959. Os
representantes legais e padriños formularán compromiso de educalo/a
segundo os principios que se recollen nese texto e nas demais normas
vixentes no estado español. Os
actos poderán ser individuais ou colectivos, podendo asistir os
familiares e amigos/as do neno ou nena, coas únicas limitacións que
impoña o aforo da sala ou espazo no que se realice a cerimonia. O presidente/a levantará acta, que será asinada polos representantes legais do neno ou nena e, no seu caso, polos padriños. Disposición derradeira. Esta
normativa entrará en vigor unha vez publicado o seu texto completo no
Boletín Oficial da Provincia, e transcorrido o prazo sinalado no artigo
65.2 en relación co 70.2 ámbolos dous da Lei 7/1985, de 2 de abril,
Reguladora das Bases do Réxime Local.” Oleiros, 17 de decembro de 2008 Fonte Boletín Nº 4. MiÉrcoles, 7 de enero de 2009 Comentarios (0)
|
|
Privacidad + Legal |
CSS |
XHTML
2010 boboras
Esta página está bajo una licencia de Creative Commons.