If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Enviado a La Opinión de A Coruña y a Código CERO acerca de sus publicaciones sobre Oleiros iTV

Por se pode servir de algo, dende Oleiros iTV queremos aclarar, respecto dunha información publicada por vos o pasado Xaneiro acerca da nosa páxina: 1º Que a páxina é iniciativa dos Srs. Rodriguez Faraldo e Santos Quian; ambos veciños da localidade de Santa Cruz en Oleiros; e non de Artabria Comunicación. 2º Que a páxina non oculta ningún tipo de interese económico, comercial ou político; é unha páxina sen ningún tipo anceio de contraprestación 3º Que os contidos que amosa son propiedade do Sr. Rodríguez Faraldo ou de Artabria Comunicación, Sociedade Civil participada nun 50% polo Sr. Santos Quian; e son ofrecidos o público baixo licencia CC. Os contidos que son colaboración e propiedade allea están perfectamente identificados. 4º Que a información publicada por La Opinión y re-transmitida por Códico CERO e outras, é sesgada e impropia... sen falar xa dos comentarios dos lectores que, pese a estar suxeitos a moderación, lanzan graves acusacións contra o sitio web, a empresa que presuntamente o xestiona e as persoas que están detrás. Oleiros iTV nace como resposta a unha situación puntual que prodúcese no Concello de Oleiros. A enorme movilización e o asocioacionismo veciñal deste Concello non ten igual en toda a nosa comunidade. Pero, por incrible que pareza, non ten reflexo na rede. Cada pobo, cada núcleo, conta cunha asociación de veciños, cultural, deportiva, veciñal ou de comercio; hay pobos, como Santa Cristina, que teñen varias asociacións empresariais divididas por gremios: hosteleiros, hoteis, comerciantes... Esas asociacións non teñen sitio web... non teñen espacio en Internet; salvo os partidos políticos e tres clubes de fútbol. Hai quen di que esto é porque non deron un paso adiante nos derradeiros trinta anos... Iso ten parte de realidade aparte de fonda carga política. A Alternativa dos Veciños, lista independente que goberna o Concello, nace como "correa de transmisión" entre ese asociacionismo e o poder municipal. Oleiros iTV nace coa intención de cubrir ese déficit; pero sen intencionalidade de poñer por diante a uns ou a outros. Simplemente ser conscientes do perigo real que existe de que todo isto poida desaparecer; independentemente de quén saia elexido nas vindeiras municipáis. Obviamente, escóllese a data de saía para que en duas fases de tres meses cada unha, esteamos ás portas desas eleccións... pero iso é unha estratexia sen ningún tipo de interese político oculto. Simplemente queremos usar ese arreón para impulsar a necesaria colaboración por parte das mencionadas asociacións. A estratexia pasa por crear unha rede social (virtual... dixital) de redes sociáis (reáis... analóxicas). Lograr un entorno wiki que á vez aporte contidos e xente (oleirenses) interesados neles. De aí a aposta hiperlocal. As informacións publicadas por vós e outros medios non só viñeron trastocar eses Plans; senon que puxeron nunha tesitura "mais que delicada" a aquelas asociacións que comprometeron a sua participación na preparatoria do proxecto. Hai que ter moito (moitísimo) coidado co que un dí e con cómo o dí; e, cando un comete un erro (a santidade despois de morto... cando menos) ser cabaleiro e rectificar.

[+]info:
http://oleirosxoven.com

463 dias 12 horas 10 minutos 48 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.