If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Rkunchos 2011 III Edición do Concurso de Fotografía con móbil

Rkunchos,III Edici,Concurso,Fotograf,Centro Municipal,Informaci,Xuvenil,Concello,Renfe Alta Velocidad,Grandes,Consorcio,Turismo,InterRail,Europa,OBXECTIVOS,Aacute,Inscrici,III Edicion,Fotografia,Rkunchos 2011: III Edición do Concurso de Fotografía con móbil O Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña, coa colaboración de Renfe Alta Velocidad/Grandes Líneas e o Consorcio de Turismo da Coruña, pon en marcha a terceira edición do Concurso de Fotografía con Móbil Rkunchos, no que poderán participar mozos e mozas da Coruña de entre 15 e 25 anos (ambos incluídos).

A través desta iniciativa, poderasnos ensinar o teu recuncho favorito da cidade baixo o teu prisma e terás a oportunidade de gañar dous billetes de InterRail para viaxar por Europa este verán.

OBXECTIVOS

O concurso de fotografía Rkunchos pretende recoller creacións, manifestacións e perspectivas da mocidade a través das novas tecnoloxías que forman parte do seu cotián. Estas creacións consistirán nunha imaxe de foto fixa tomada preferiblemente mediante un teléfono móbil.

TEMÁTICA

A temática das fotografías deberá estar relacionada dalgunha maneira cun recuncho, lugar, espazo físico ou anímico vinculado á cidade da Coruña. Todas as fotografías deben ser inéditas e orixinais e terán que presentarse en formato dixital a través do formulario en liña habilitado para tal fin na pestana Inscrición e segundo os requisitos deste.

+ info http://www.coruna.es/rkunchos

[+]info:
http://corunacity.com

354 dias 15 horas 11 minutos 12 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.