If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Romaría das Merendiñas 2011 Concello de Oleiros

Merendi,Concello,Oleiros,Romar,Santa Cruz,Santaia,Escola Municipal,Goberno,Uacute,Fronte,Igrexa,Buinte,Serantes,Maianca,Nai Pai,Xoez,Cabreira,Breixo,Dorneda,Franzomel,Abeleiras,Rialta,Arillo,Augarr,Perillo,Beiramar,Bodegas,Parador,Solana,Montrove,Campamento,Betanzos,Arenaza,Chasqueira,Vilanova,Veiga,Carballo,Pousada,Local,Gasolineira,Barreira,Romaria,Merendinas,Senadores,AUTOB,Vilares, A romaría das Merendiñas contará coa participación de 1.500 maiores do concello

 O Concello de Oleiros organiza este sábado 4 de xuño, a partir das 13.00 horas, a Romaría das Merendiñas. Ao redor de 1.500 persoas maiores de 60 anos de todo o municipio participan nesta festa, na que colaboran máis de 100 persoas voluntarias, moitos delas pertencentes a colectivos do movemento veciñal oleirense. A festa celebrarase na finca das Torres en Santa Cruz, se o tempo o permite. En caso de choiva, os actos trasladaranse ao pavillón de Santa Cruz, próximo á finca das Torres. 

Durante a celebración, que se prolongará ao longo de todo o día, poderase gozar do tradicional menú das Merendiñas composto por empanada, roxóns e chourizos ao estilo Santaia. Na sobremesa haberá larpeira de Lorbé, queixo fresco con marmelo e xeados. A festa estará amenizada pola orquestra Os Senadores. Ademais a Banda da Escola Municipal de Música ofrecerá un concerto a  partir das 13.00 horas. Esta festa, está dirixida especialmente ao colectivo de maiores do municipio, é unha xornada especial onde o Goberno local pretende homenaxear a todos os maiores do municipio. As Merendiñas representan toda unha festividade en Oleiros, xa que nesta celebración retómase o espírito tradicional. Os veciños e as veciñas xúntanse para celebrar a primavera cunha comida campestre onde a música e a amizade son protagonistas. TRANSPORTE EN AUTOBÚS Así mesmo, o Concello de Oleiros pon a disposición das persoas interesadas en acudir á festa 10 autobuses que percorrerán todas as localidades de Oleiros desde as 12.30 h da mañá.
  1. Dexo – Lorbé: O Cubo. Aba (marquesiña). Fronte ao bar “A Escola” (marquesiña). O Couto (marquesiña). Igrexa de Dexo (marquesiña). Buinte. Igrexa de Serantes. 2. Maianca – Serantes: Broño. Maianca. Nai Pai. Xoez. Cabreira, Breixo (marquesiña). 3. Dorneda: Franzomel. Abeleiras. Rialta. Arillo. O Couto. Augarrío. 4. Perillo: Beiramar. Bodegas de viños. Parador. 5. Perillo: Solana. Lucín. 6. Montrove:  Centro cultural. 7. Iñás – Nós: As Torres (parada de bus). A Cova. Campamento (parada de bus Betanzos). Arenaza (cruzamento na entrada da urbanización). O Piñeiro. Os Vilares. Chasqueira. Vilanova. Casa do pobo de Nós. 8 e 9. Nós: Casa do pobo de Nos. Río da Veiga (marquesiña), Batán. Mesón da Auga. O Carballo. 10.Oleiros: Pousada, Policía Local (parada bus), Gasolineira, A Barreira (marquesiña).

Fonte concello de Oleiros

 

[+]info:
http://oleirosxoven.com

355 dias 1 horas 16 minutos 55 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.