If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

O peirao de Santa Cruz afúndese descubrindo un burato de máis de cinco metros

Santa Cruz,Oleiros,Portos,Goberno,Seoane,O peirao de Santa Cruz afundiuse onte por completo deixando ao descuberto un inmenso burato de máis de seis metros de profundidade onde debería estar o recheo que sustentaba esta infraestrutura. Durante a derruba, un camión do servizo municipal que se atopaba baleirando unha foxa séptica afundiuse e foi tragado literalmente polo peirao. No accidente non se produciron feridos, aínda que un operario municipal que se atopaba sinalizando a manobra a piques estivo de ser engulido.

O pasado 20 de xullo de 2010, o alcalde de Oleiros, denunciou publicamente o deplorable estado que presentaba esta infraestrutura e solicitou ao director de Portos que solucionase os danos estruturais do dique. O organismo limitouse a sinalar que non había danos estruturais e cubriu as gretas da superficie cunha capa de cemento. O Goberno local, desconforme coa solución aplicada, sinalou que o peirao estaba perdendo o seu recheo e que cubrir as gretas con cemento non sería unha solución á vez que advertiu do risco para os transeúntes e solicitou o seu peche.

Xusto un ano despois os riscos sinalados polo Goberno local fixéronse realidade. García Seoane desprazouse ao lugar dos feitos para verificar a gravidade do suceso e solicitou a Portos que os traballos de reconstrución da infraestrutura comecen de inmediato. Esta mañá comezaron os traballos na zona.



Fonte concello de...

[+]info:
http://oleirosxoven.com

322 dias 8 horas 55 minutos 47 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.