OConcello de Oleiros acolle este domingo 2 de novembro a partir das 10 ha XIX edición da Feira do Mel no Mercado Municipal de Perillo. Estafeira organizada polo Concello de Oleiros acolle cada ano moitosvisitantes interesados en festexar un día cheo de diversión desde aprimeira hora, xa que desde as 10 h acompañando os expositores haberáartesáns, demostracións de artesanía, animacións infantís e casetasinformativas do Concello, da ANPA Xosé Neira Vilas, da ANPA ValleInclán, de ASPADISOL e de ASPRONAGA e dentro do horario festivo nonfaltará a música nin a comida, xa que durante toda a xornada estaránpresentes a Pulpeira de Melide e a Panadería Da Cunha e en canto ámúsica comezará ás 11:30 actuando o grupo Semente Nova, para seguir ás12:00 con Folliñas de Oleiros e ás 12:30 coa actuación da Banda daEscola Municipal de Música do Concello de Oleiros. Para pechar este díade feira ás 18:00 está previsto facer un magosto e unha queimada queserán amenizados pola Orquestra Solara. Expositores do melEsteano os expositores que estarán presentes na feira son os seguintes: ApiCoruña, Mel do Valadouro, Mel de Mariñaos, Flor do Xallas, Erica Mel,Abella Celta, Codesal, Outeda, Mel da Ribeira Sacra, Mel da Anta, Melde Monfero, Tartas de Mel, Juan Guijarro, A Queiroga, Fernando Currais,Casar Vizcaia María Gloria Cudeiro e Juan Penabad.
Fonte boletín de Oleiros
[+]info:
http://oleirosxoven.com
