Hoxe 20 de decembro ás 20h00 no Teatro Rosalía de Castro: A Vicepresidencia da Xunta de Galiza organiza o acto conmemorativo A Nosa Voz Pregoa. Trátase dun acto en que participarán máis de 500 persoas, representantes do mundo da cultura, da economía e da política de Galiza. A Nosa Voz Pregoa consiste nun acto en que se mesturarán a música, a interpretación e a política. Intervirán o Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e a concelleira de Cultura do concello da Coruña, María Xosé Bravo. A Banda Municipal da Coruña interpretará a Alborada de Pascual Veiga, a Marcha do Antigo Reino de Galiza e o Himno Galego, acompañada da coral Follas Novas. No acto intervirán tamén o catedrático da Universidade da Coruña, Manuel Ferreiro, especialista na figura do autor do Himno Galego, Eduardo Pondal, e editor do texto do Himno, e os intérpretes Manuel Lourenzo e Santiago Fernández.
[+]info:
http://oleirosxoven.com