O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana agradeceu hoxe en nome do Goberno galego a todos os grupos políticos a iniciativa e a unanimidade amosada hoxe no Parlamento para abrir un camiño que terá que rematar coa aprobación dunha lei orgánica no Congreso dos Deputados. A Cámara galega aprobou esta mañá unha proposición de lei conxunta para reclamar ao Estado a transferencia do tráfico a Galiza. Para Quintana este era o único camiño posible. Quintana asegurou hoxe no Parlamento que o autogoberno se constrúe a base de espazos de decisión propia, pero, sobre todo, da vontade política de exercer eses espazos de decisión. O vicepresidente sinalou que é bo recoñecer, nun asunto tan problemático como a seguridade viaria os esforzos, que se realizaron dende todas as institucións neste eido e sinalou que ese esforzo é o que hoxe nos da forza moral e política para dicir que queremos autorresponsabilizarnos de algo que podemos xestionar mellor dende nós mesmos
[+]info:
http://oleirosxoven.com