AsBibliotecas de Oleiros organizan, unha tempada máis, a actividade daHora do conto. Entre os meses de febreiro a xuño realizaranse 85sesións de contacontos dirixidas a nenas e nenos con idadescomprendidas entre os 2 e os 10 anos. Todos os actos terán lugar ás18.30 h.Realizaranse entodas as bibliotecas municipais, a través de narración ou dramatizacióndun ou varios contos, cun enfoque lúdico e unha vivencia activa eparticipativa cos libros, fomentando a imaxinación e a creatividade.
Os obxectivos que se intentan conseguir son que os nenos e as nenasparticipantes se divirtan escoitando contos, facer novos lectores ouconsolidarlles este hábito, que descubran a diversidade dos libros e opracer pola lectura e que vivan o libro en colectividade xunto conoutras nenas e outros nenos.
As persoas encargadas do desenvolvemento das actividades son CarmenDomech, Pablísimo, Soledad Felloza, Fran Ínsua, Marisa Irimia, InésCuadrado, Leticia Dotras e a Compañía Trinke-Trinke (David, Maruxa eIsabel cos Ratos da biblioteca) que narrarán diversos contos, comounha invitación a viaxar a un tempo máxico de fantasía e imaxinación.
Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo, será os xoves. Na BibliotecaRosalía de Castro de Santa Cruz, terá lugar os mércores. Na BibliotecaManuel María de Oleiros realizarase os martes 3, 17 e 31 de marzo, 21de abril, 5 e 19 de maio e 2 de xuño. Na Biblioteca Mª José Trincado deMera será os venres, 20 de febreiro, 6 e 27 de marzo, 3 e 17 de abril,8 e 22 de maio e 5 de xuño. Na Biblioteca de Dorneda terá lugar osluns, 2, 16 e 30 de marzo, 20 e 27 de abril, 4 e 18 de maio e 1 dexuño. Na Biblioteca Federico García Lorca de Montrove será os martes,10 e 24 de marzo, 14 e 28 de abril e 12 e 26 de maio. Na BibliotecaÁnxel Fole de Nós realizarase os venres, 27 de febreiro, 13 e 27 demarzo, 3 e 24 de abril e 15 e 29 de maio. Na Biblioteca XograrMendiño de Lorbé realizarase os martes, 3, 17 e 31 de marzo, 14 e 21de abril e 5 e 19 de maio. Preténdese introducir os nenos e as nenas no mundo dos libros a travésdunha lectura que poidan comprender, que os faga gozar e divertirse. Através do universo máxico dos contos desenvólvese a imaxinación, afantasía e a capacidade de fabulación de quen escoita, polo que setratará de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer quepode proporcionar a lectura, que os nenos e as nenas vexan que tamén sepoden divertir e pasar momentos moi agradables cos libros.
Fonte:
boletín concello de Oleiros
[+]info:
http://oleirosxoven.com
