O goberno municipal diante do exceso de consumo enerxético detectado no centro de saúde de Santa Cruz, que duplica en consumo ao de Perillo, e cuio gasto asume o Concello de Oleiros como titular dos centros de saúde, demandará do Sergas o control destes excesos mediante a actuación dos bedeles e auxiliares dos citados centros para que se regulen os horarios de iluminación e calefacción co fin de reducir o gasto Como exemplo, no centro de saúde de Santa Cruz o consumo de gasoil nun ano supuxo 12.008 fronte aos 3.567 que durante o mesmo período se consumiron en Perillo. En canto a electricidade, en Santa Cruz foron 9.752 e en Perillo 5.873 cando as instalacións son moi similares en canto a dependencias e metros cadrados, polo que non se comprende tal derroche de enerxia. O Alcalde de Oleiros, Angel García Seoane, que xa en outras ocasións mativera xuntanzas cos responsables dos centros sanitarios volverá a reiterar a necesidade de que por parte do persoal correspondente e que depende do Sergas, se adopten as medidas oportunas que leven a un aforro e eviten este despilfarro enerxético [+]info:
http://oleirosxoven.com
