A Plataforma presentou,o 23 de maio no rexistro do Edificio Administrativo da Xunta en ACoruña, 17.000 sinaturas de cidadáns que demandan o saneamento da Ría,a fin dos vertidos, así como sancións ás empresas e particulares quecontaminan.A Confraría de Pescadores da Coruña, un dos colectivos que conforman aPlataforma, presentou sete denuncias por vertidos ilegais desde opasado verán. Hai escasos días, o pósito coruñés interpuxo outras dúas,nesta ocasión, por un fluído de espuma de procedencia industrialdetectado a semana pasada e por outro de augas fecais que proveñendunha canalización subterránea que está perforada. A alta concentraciónde coliformes (tipo de bacterias), á parte de impedir a extracción domarisco, supón mesmo un risco para os bañistas. Por outra banda, a posta en funcionamento da Estación Depuradora de Augas Residuais de Bens, unha das demandas recollidas no manifesto da Plataforma, non será realidade até 2010, cando a Xunta anunciara que estaría habilitada en 2009. A Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo organiza unhamanifestación que percorrerá as rúas da cidade o 21 de xuño. A marcha,que reivindica o saneamento da Ría e a fin dos vertidos, partirá esedía ás 19:30 horas desde a Praza da Palloza até a Delegación do Gobernoespañol (Praza de Ourense). Fonte http://riadoburgo.blogaliza.org
[+]info:
http://oleirosxoven.com
