A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade convoca Campos de Traballo para o verán 2009. Trátase de fomentar a colaboración desinteresada e voluntaria dos mozos e mozas en traballos de tipo cultural e etnográfico, ambientais, de construción e restauración, sociais ou arqueolóxicos.Requisitos: xoves maiores de 18 anos. A reserva de praza será a partir do 23 de abril.
Ata o 14 de maio (incluídos), no caso dos campos de traballo no estranxeiro.
Ata o 20 de maio (incluídos), no caso dos campos nas Comunidades Autónomas.
No caso dos campos de traballo en Galiza, as prazas poderanse solicitar mentres existan vacantes, até tres días antes do inicio da actividade.
As prazas nos campos de traballo en Portugal, mentres existan vacantes, poderanse solicitar até un mes antes do inicio da actividade.
COTAS DE INSCRICIÓN: 72,00 SOLICITUDE E ADXUDICACIÓN DE PRAZA:A reserva das prazas farase a partir do 23 de abril, ben na Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade ou chamando aos teléfonos 981 544 838 e 881 999 314.Servizo de Xuventude da Xunta na Coruña:Rúa Enrique Mariñas s/n. Edificio Proa. Matogrande.Tel.: 881 881 238 (en horario de 9.00 a 14.00 h.)+ info en xuventude.netl.com
[+]info:
http://oleirosxoven.com
