O Movemento polos Dereitos Civís vai denunciar ante a Delegación doGoberno e a Axencia española de Proteccións de Datos a existencia dunhacámara ilegal de videovixilancia nunha vía pública de Oleiros. Odispositivo foi instalado sen contar coa autorización da Delegación,tal e como se afirmou dende o organismo, nin tampouco se procedeu áobrigatoria inscrición da cámara no rexistro xeral da AEPD. Hai que lembrar que a cámara instalada poloConcello, por apuntar á vía pública, está sometida a Lei 4/97 devideovixilancia. Isto implica que o dispositivo debe ser instalado exestionado por Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, e, en ningúncaso por outros funcionarios municipais ou persoal de empresasprivadas. Así mesmo, para a súa instalación, se fai necesario contarpreviamente co informe favorable da Comisión de Garantías (que oConcello non ten), e coa autorización expresa da Delegación do Goberno.Estas dúas medidas supoñen o respecto pola legalidade vixente e unmínimo de garantías xurídicas para os dereitos á intimidade, honra epropia imaxe recollidos na Constitución española. Ainscrición no rexistro xeral da AEPD (que é de carácter público) faisenecesario por canto é indispensable para que as persoas que foronrexistradas pola cámara poidan exercer o seu dereito de oposición,acceso, rectificación ou cancelación, dereitos fundamentais recollidosna Constitución e na lexislación referente á Protección de Datos. Ineficacia Poroutra banda, como vén sendo habitual, as cámaras xa mostraron a súaineficacia poucos días despois da súa posta en funcionamento. Osdispositivos amosáronse inútiles para disuadir ás persoas que teñen avontade de atentar contra a escultura, e tampouco axudaránidentificación dos mesmos. Portodas estas razóns, Dereitos Civís agarda que desta vez a Delegacióncumpra coa lexislación vixente e obrigue ao Concello a retirar a cámaraata que consiga a autorización correspondente. Deigual xeito, o MpDC quere facer unha chamada de atención ao organismodirixido por Manuel Ameijeiras, que non tivo problemas para contestarás preguntas dos medios de comunicación sobre os permisos da cámara,mentres que tarda meses en contestar a Dereitos Civís e, incluso chegoua afirmar nun escrito que non pode facilitar un listado de concellosgalegos con videovixilancia porque é información privada.Orixinal de mpdc.blogspot.com
[+]info:
http://oleirosxoven.com
