If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Máis gasto social e investimento público a receita do BNG frente á crise

Algún economista haberá no Bng digo eu, porque deixarlle a un político meter estes couces á economía... Segundo o  BNG, priorizar o gasto público e gastar máis, son unha solución cojonuda frente é crise. Pregúntome eu: se as administracións públicas están sen un can, de onde carallo van sacar os cartos para pagar todo un gasto público máis expansivo!!.
Non será máis axeitado apretarse o cinto, eliminando gastos absurdos en pluses de altos cargos por exemplo?, e non  reducíndolles o soldo, senón poñéndoos de patitas on the street, que sobran a mitade deles!!!. Ou incluso, retirando coches oficiais e alegres tarxetas Visa para "gastos corrientes".
Supoñamos que estamos en paro todos os membros da unidade familiar; gastar máis vainos axudar a solucionar o problema?. Eu ás veces me pregunto se estar como unha rejadeira é requisito indispensable para ser bon político.
Pero o que menos me explico eu, é que non haxa ningún partido político en Oleiros que no seu blogue diga unha palabra ó respecto. Ou non saben de economía ou non saben ler!; e mal en calqueira dos dous casos!
Que bárbaros!. Que forma de tomarnos o pelo!

[+]info:
http://oleirosxoven.com

1243 dias 19 horas 50 minutos 58 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.