If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para o sorteo dos permisos de pesca

Conselleria,Medio Ambiente,Direccion Xeral,Conservacion,Natureza,A Consellería de Medio Ambiente abriu o período de presentación dassolicitudes para o sorteo dos permisos de pesca nos coutos para atempada 2009. As solicitudes, tanto individuais como en grupo (máximode tres solicitantes), poderán realizarse ata 30 de setembro, segundoaparece publicado no DOG do 22 de agosto de 2008. Os impresos de solicitude están dispoñibles nos servizos provinciaisda Dirección Xeral de Conservación da Natureza e na páxina web http://medioambiente.xunta.es/formularios.jsp. Estes poderán presentarse nos rexistros das delegacións provinciais da consellería, ou ben a través da páxina web https://www.xunta.es:444/pescafluvial/.Para a presentación das solicitudes por escrito é necesaria a sinaturae a copia do DNI de cada membro, mentres que nas telemáticas débeseintroducir o número de DNI e o da licenza de pesca fluvial (a vixenteou calquera de anos anteriores).

A admisión das solicitudes poderá consultarse a través da páxina webcoa introdución do DNI. Ademais, aqueles que non figuren nas listasterán un período de reclamación do 15 ao 27 de outubro.

Os admitidos poderán participar no sorteo de permisos de pesca, quese realizarán o 14 de novembro ás 12:00 horas nos servizos provinciaisde Conservación da Natureza.

Para a elección de permisos, os servizos provinciais establecerángrupos de coutos. A listaxe dos mesmos estará exposta no taboleiro deanuncios das delegacións provinciais e na web.

Unha vez escollidos os permisos, os sobrantes e non retirados nosprazos fixados para elo serán incluídos nun segundo proceso de escolla,que se realizarán unicamente a través da web; e os sobrantes desteproceso serán postos á venda libre nos servizos provinciais deconservación ata 10 días naturais antes do comezo da tempada en cadacouto de pesca.

No prazo de 10 días naturais contados dende a data da escolla, ospermisos seleccionados deberán ser pagados e recollidos no servizoprovincial.

Vía xunta.es

[+]info:
http://oleirosxoven.com

1346 dias 10 horas 56 minutos 25 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.