If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

ÁBRESE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO OBRADOIRO DE OLARÍA

A partir do vindeiro luns 6 de outubro a Concellería de Cultura, Ensino e Xuventude do Concello de Oleiros retoma o obradoiro de olaría, curso que mostra as distintas técnicas e formas de tratar o barro. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o inicio do curso.
As clases impártense no alfar situado no parque das Torres, na localidade de Santa Cruz, na parroquia de Liáns. As leccións terán lugar os luns e os martes de 16.30 horas a 18.30 horas e de 18.30 a 20.30 horas.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:
TFNO. 981 610 000 (DEPARTAMENTO DE CULTURA) Obxectivos
Este obradoiro pretende que os alumnos aprecien o feito artesán e o identifiquen cos valores culturais do Concello, que coñezan o proceso de creación dunha peza de barro (moldeado, cocción, pintura…) e os diferentes instrumentos de transformación do material. Ademais, a realización de traballos manuais deste tipo representan un excelente regulador dos niveis de estrés. Os destinatarios son todos os interesados no mundo da olaría que sexan maiores de 18 anos. O prezo é de 34 euros ao mes para os empadroados e de 42 euros mensuais para os non empadroados.
Fonte boletín municipal do concello de Oleiros

[+]info:
http://oleirosxoven.com

1336 dias 10 horas 14 minutos 56 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.