If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

O CONCELLO DE OLEIROS ABRE O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS PARA A ESCOLARIZACIÓN

OConcello de Oleiros, desde a Concellería de Benestar Social, desenvolveun Programa de Axudas Familiares para a Escolarización de cara ao cursoacadémico 2008-2009. Esta iniciativa pretende servir de axuda erespaldo económico para aqueles veciños que teñan que afrontar osgastos do novo curso escolar. O prazo de presentación de solicitudescomezou hoxe á primeira hora da mañá e rematará o próximo 6 denovembro. As bases e os modelos de solicitude están a disposición dosinteresados no departamento de Servizos Sociais e no Rexistro Xeral doConcello.
A contía destasaxudas é dun máximo de 120 euros para as familias beneficiarias deRISGA, PNC ou con situacións económicas similares. Mentres que para oresto das familias se fixa nun máximo de 70 euros. Os gastos realizadospoden ser en concepto de libros de texto, material escolar ou ambos. Énecesario presentar as facturas oficiais como xustificante para teracceso ás axudas.
Osdestinatarios deste programa son todas aquelas familias que teñan acargo fillos en idade escolar, matriculados en segundo ciclo deeducación infantil, educación primaria ou secundaria obrigatoria, quecursen os estudos en centros públicos do Concello de Oleiros e quecumpran os requisitos.

Requisitos
Paraoptar os benéficos do Programa de Axudas Familiares para aEscolarización é necesario cumprir unha serie de requisitos como estarempadroados e residir de forma efectiva no Concello de Oleiros,convivir co menor a cargo. Ademais cumpre ter uns ingresos netos anuaisper capita inferiores a 3.000 euros e o patrimonio familiar non poderáexceder en ningún caso os 12.260 euros en valores mobiliarios e os60.303,02 euros en valor inmobiliario (valor catastral da propiedade).Por outra banda, o pequeno debe estar matriculado no centro de ensinopúblico que lle corresponda e non ter repetindo curso. Fonte concello de Oleiros

[+]info:
http://oleirosxoven.com

1211 dias 21 horas 55 minutos 9 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.