If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

TRES COLEXIOS DE OLEIROS MARXINADOS NOVAMENTE POLA CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN POR CAUSA DO COMEDOR ESC

Primeiro,Oleiros,Valle-Inclan,Luis Seoane,Parga Pondal,Xunta,Galiza,Consellaria,Educacion,Concello,Parlamento Galego,Fonte Blog,Primeiro foi o transporte escolar e agora son os comedores dos colexios públicos de Oleiros. Os colexios públicos de primaria Valle-Inclán, Luís Seoane e Parga Pondal non contan con comedor da Xunta de Galiza, o que provoca un caso de discriminación para con aqueles alumnos e alumnas que acuden a algún destes centros e que deben aboar unha media de 5 € diarios no menú, malia estaren obrigados e obrigadas a comer por un sistema de catering. No Valle-Inclán a ANPA denunciaba que son 140 os nenos e nenas que se ven nesta situación, e que apesar de haber autorización para construír a cociña e o comedor, nin por parte da Consellaría de Educación nin por parte do Concello se fai nada útil ao respeito. O BNG amosa o seu apoio ás reivindicacións dos pais e nais destes colexios públicos, motivo polo cal o BNG manterá reunións cos presidentes das ANPAS e impulsará con eles as mobilizacións que se acordaren para reivindicarmos á Consellaría de Educación e ao Concello as súas demandas. Hoxe mesmo o BNG apresenta no Parlamento Galego unha iniciativa parlamentar sobre a problemática dos comedores en Oleiros, ao igual que o fixera coa problemática do transporte escolar, o que modificou a actitude que mantiña a Consellaría de Educación e fixo con que se reconducisen as cousas a favor do transporte escolar para as nenas e nenos de Oleiros. Tamén o BNG estudará levar ao pleno municipal unha moción de apoio a estas demandas Fonte Blog do BNG de Oleiros

[+]info:
http://oleirosxoven.com

1310 dias 10 horas 57 minutos 28 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.