If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

O CONCELLO DE OLEIROS PON EN MARCHA UN PROGRAMA DE PREVENCIÓN DE DROGAS E ALCOHOL

O Concello de Oleiros puxo en marcha ao longo deste mes un ambicioso programa de prevención de drogas e alcohol no que participarán ao redor de 1.500 rapaces, a totalidade do alumnado de primaria e secundaria do municipio.  «DESMÁRCATE, toda unha comunidade educadora» ten por obxectivo coordinar as accións preventivas de consumo de drogas, favorecendo a adquisición de hábitos de vida saudables. O conxunto de actividades, que se desenvolverán ao longo de todo o curso escolar 2008-09, abarcan distintas liñas de actuación que pretenden acadar unha participación integral da comunidade nas accións preventivas levadas a cabo fóra do eido escolar, segundo explicaron os técnicos municipais.  «Estas iniciativas están dirixidas a axudar ao desenvolvemento dunha actitude crítica nos rapaces, creando deste xeito unha cultura onde a mocidade sexa protagonista do cambio social», sinalou Esther Garrido, concelleira de Cultura, Ensino e Xuventude. Liñas de Acción:
-Obradoiros educativos: dirixidos a alumnado de 5º e 6º de primaria,ESO, e 1º de Bacharelato de todos os centros de ensino primario esecundario do Concello de Oleiros.
-Grupos de encontro para pais e nais de alumnado dos centros de ensinoprimario e secundario do Concello de Oleiros. A finalidade destesgrupos de encontro é a de crear un espazo de encontro participativoonde os pais e as nais poidan reflexionar, debater, asesorarse einformarse sobre aquelas cuestións relacionadas coa temática a tratar.
- Servizo de asesoramento para Centros Educativos:
- Formación para profesorado.
-Asesoramento e apoio técnico-docente para a creación e/ou consolidaciónde equipos de mediación para intervir en situacións de conflito,previstos nos Plans de Convivencia dos Centros Educativos.
-Asesoramento en situación de crise ou de conflito. Ofreceseasesoramento ao profesorado, sempre que eles o demanden, de comointervir nunha situación de crise ou de conflito enmarcada no ámbitodas drogodependencias, así como informar dos recursos aos que debenacceder ( profesores, pais e nais e/ou alumno/a) se fose necesaria unhaintervención profesional especializada para tratar o conflito.
- Intervención comunitaria:
- Curso de formación para mediadores/as xuvenís en educación para a saúde.
- Obradoiros formativos para entidades e outros axentes socias do municipio.
-Espazos creativos da saúde: con esta iniciativa preténdese vincular oprograma a un tempo e un espazo diferente á intervención que se fai noscentros educativos, no que a mocidade que amose un maior nivel deimplicación e motivación teña un espazo para canalizar iniciativas decara a desenvolver unha campaña de educación para a saúde e prevenciónda drogodependencia.

Noticia do boletín do concello de Oleiros

[+]info:
http://oleirosxoven.com

1191 dias 12 horas 38 minutos 9 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.