OConcello de Oleiros prevén aos veciños sobre posibles estafas nas quese usurpa a identidade municipal. Nas últimas datas, tanto a PolicíaLocal como diferentes departamentos do Concello están a recibirchamadas de veciños que denuncian sospeitosos ofrecementos telefónicosde cursos de informática en nome do Concello. Varios veciñosdenunciaron ante a Policía Local que unha telefonista ofreceulle leccións deInformática nunhas sesións organizadas polo Concello e que ademais ainscrición neste cursos permitiríalles participar no concurso dunhaviaxe que o Concello organiza dentro do programa Ocioleiros. Nainformación facilitada polos supostos estafadores asegurábase que aseleccións impartíanse nunha instalación municipal sita en Perillo.Ademais os supostos estafadores pedían información sobre os domiciliosparticulares para manter unha reunión informativa particular. Variasdos veciños que denunciaron estas artimañas coincidiron en sinalar quea telefonista tiña acento sudamericano. Desdeo Concello de Oleiros comunícase aos veciños que desconfíen destesofrecementos que nada teñen que ver coas iniciativas municipais e quese sospeita que se trate dun intento de estafa. A Policía Localtraballa para localizar a orixe das chamadas e parte dos responsablesestán xa localizados. Nos próximos días cando se certifique de formaoficial a identidade dos responsables desta iniciativa o Goberno localtomará medidas legais.
Vía boletín concello de Oleiros.
[+]info:
http://oleirosxoven.com
