A Dirección Xeral de Comercio, organiza estas xornadas de traballo para presentar un proxecto de comercio electrónico que conta co apoio e interese do sector do comercio retallista galego para a súa posta en marcha, e que se chamará MERCADOGALEGO.EUNa Coruña será o evento terá lugar mañán 26 de novembro no Hotel Meliá María Pita ás 20:30 h. A xornada está aberta a todos aqueles representantas de comercios retallistas que o desexen.
A posta en marcha de mercadogalego.eu consiste na creación e desenvolvemento dunha plataforma de venda en liña que se poñerá a disposición de establecementos que queiran dar os seus primeiros pasos na comercialización en rede ou xa teñan experiencia nesta forma de comercialización, pero queiran aproveitarse desta iniciativa. O sistema permitirá introducir información da tenda, poñer os seus produtos á venda, facer campañas de promoción ou empregar tarxeta de crédito, entre outras facilidades.
Se desexa darse de alta nesta nova ferramenta tan útil para o comercio galego, pode facelo en www.mercadogalego.eu
[+]info:
http://oleirosxoven.com
