A Banda da Escola Municipal de Musicado Concello de Oleiros protagonizará o vindeiro sábado día 13 o seuConcerto de Nadal. A actuación terá lugar as 20.30 horas no auditorioGabriel García Mázquez, en Mera. O Concerto comezará coa interpretacionde «Alvamar Overture», de James Barnes. Sen dúbida, un dos referentesda música para banda en Estados Unidos e en todo o mundo. É unhaabertura de concerto cunha estrutura bastante ampliada, e cun material,tanto rítmico como melódico, moi pegadizo e que se transmite confacilidade ao oínte. Ademais, o final das interpretación incluídas noprograma haberá unha interesante mistura de melodías contemporaneasrecollerá a música dos spots do Nadal. Este remexido de música, deanuncios publicitarios da época de nadal, evocará momentosinesquecíbles vividos fronte a unha televisíon ou unha radio. «Temascomo a lotería, os turróns ou as bonecas, formarán parte da nosa vida,non polas súas marcas, senón que pola súa música», sinalou AlbertoPiñeiro Leiva, directos da Banda da Escola de Música Municipal. PROGRAMA: Banda:
Alvamar overture James Barnes. Palindromía flamenca Antonio Ruda Peco.
Solista de saxofón soprano: Rafa Agulló Albors
Guitarra española: Cristina Espiñeira Precedo
Caixón flamenco: Robin Leira Vázquez
Highlights from Annie Ch. Strousse /arranxo: J. de Meij.
Miss Trombone Henry Fillmore / arranxo : Alberto Piñeiro.
Solista de trombón: Arturo Centelles Fabado. Innuendo Arranxo para banda : Jorge Salgueiro. Coro de voces brancas, aula de folk e banda: Vinde ver ó neno Popular/ arranxo : Alberto Piñeiro. A Belén vinde pastores Popular/ arranxo: Julio Cabo. Remexido de anuncios navideños Arranxo para banda: Alberto Piñeiro. DIRECTOR: ALBERTO PIÑEIRO LEIVA Nova do boletín municipal do Concello de Oleiros
[+]info:
http://oleirosxoven.com