Artigo 1:
Constitúe o obxecto do presente documento a regulación da organización do acto social denominado acollemento civil ou acto de benvida á comunidade, en cuxa virtude o concello fa¡ público un recoñecemento de acollida ao neno ou nena que naceu e/ou que vive en Oleiros, e se compromete, xunto coa súa familia, a velar pola súa educación e a defender e garantir os seus dereitos. Artigo 2.Finalidade.Oacollemento civil non produce efectos legais nin presupón privilexioalgún ou preferencia do neno ou nena acollido no acceso aos servizosmunicipais.Estes actos de benvidaá comunidade reafirman o compromiso do municipio por avanzar cara unhasociedade máis libre, xusta e democrática, na que os dereitos dos nenosgocen dunha protección preferente. Artigo 3.Suxeitos.Este acto social está dirixido aos nenos e nenas do concello de Oleiros. Artigo 4.Requisitos.a) Estar empadroado no concello de Oleiros.b) Non ter unha idade superior a dous (02) anos.c) Consentimento dos representantes legais do menor. Artigo 5.Procedemento.Presentacióndunha instancia na Oficina de Atención ao Cidadán do Concellosolicitando a participación no acto social asinada polo representantelegal do menor, achegando unha fotocopia dos documentos nacionais deidentidade e do libro de familia/ documento acreditativo da ditarepresentación legal. A acreditación dos datos padroais farase deoficio polos servizos municipais.Sea instancia non reunira todos os requisitos, a Oficina de Atención aoCidadán comunicará aos interesados a non procedencia da súatramitación. De estar completa tramitarase a petición, comunicándose notermo dun mes ao solicitante o día e o lugar de celebración do acto.Ospais poderán designar dúas persoas como máximo que actuarán comopadriños na cerimonia, asumindo os mesmos compromisos que aqueles encanto a formación do neno ou nena nos principios e valoresdemocráticos, e debendo velar polo respecto dos seus dereitos. Artigo 6.Celebración.Noacto de celebración, que terá lugar na Casa Charry e será presididopolo alcalde/sa ou concelleiro/a en quen delegue, procederase á lecturaao neno/a e aos seus representantes legais e padriños da Declaracióndos dereitos do neno proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidasna súa resolución 1386 (XIV), de 20 de novembro de 1959.Osrepresentantes legais e padriños formularán compromiso de educalo/asegundo os principios que se recollen nese texto e nas demais normasvixentes no estado español.Osactos poderán ser individuais ou colectivos, podendo asistir osfamiliares e amigos/as do neno ou nena, coas únicas limitacións queimpoña o aforo da sala ou espazo no que se realice a cerimonia.O presidente/a levantará acta, que será asinada polos representantes legais do neno ou nena e, no seu caso, polos padriños. Disposición derradeira.Estanormativa entrará en vigor unha vez publicado o seu texto completo noBoletín Oficial da Provincia, e transcorrido o prazo sinalado no artigo65.2 en relación co 70.2 ámbolos dous da Lei 7/1985, de 2 de abril,Reguladora das Bases do Réxime Local.Oleiros, 17 de decembro de 2008 Fonte Boletín Nº 4. MiÉrcoles, 7 de enero de 2009
[+]info:
http://oleirosxoven.com
