Ponse en marcha a III edición do programa Naturalmente Galicia, unha iniciativa para que mozos e mozas coñezan as distintas comarcas e zonas de Galicia a través de rutas e actividades de fin de semana. Ofértanse 1.560 prazas ás que poderán aspirar mozos e mozas de entre 18 e 35 anos a partir do vindeiro día 16 de febreiro, data na que se abre o período de preinscricións no teléfono 881 999520. A cota de inscrición para participar en Naturalmente Galicia é de 50 euros, cun desconto do 25% para os titulares do Carné Xove. O prezo inclúe aloxamento en pensión completa, actividades con monitores-guía e seguro de accidentes. Non se inclúe o desprazamento ata o punto de partido, que correrá a cargo de cada participante. Os interesados en participar nesta actividade poderán efectuar a preinscrición, ata cubrir prazas, chamando ao teléfono 881 999520. Todas as rutas e a información pode consultarse na páxina web www.naturalmenteGalicia.com. Fonte http://novas.xunta.es/node/13794[+]info:
http://oleirosxoven.com
