O Concello de Oleiros anuncia a convocatoria para a contratación laboral temporal de seis auxiliares de Policía Local e dous auxiliares de Protección Civil. As persoas aspirantes ás prazas da Policía Local deberán estar en posesión do título de graduado escolar, FP de 1º grao ou equivalente e dous permisos de conducir das clases B e B.T.P., mentres que as persoas que opten a cubrir as vacantes de Protección Civil deberán estar en posesión do título de certificado de escolaridade ou equivalente e do permiso de conducir de clase B. As prazas na policía cubriranse a través dun proceso de oposición libre, mentres que as do servizo de urxencias por concurso libre. As bases estarán a disposición das persoas interesadas na área dePersoal e RR.HH. e na xanela de información e pódense consultar napáxina web municipal. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral doConcello, en horario de 8:30 a 13:00 horas. O prazo de presentación deinstancias remata o próximo día 28 de abril. Fonte boletín do concello de Oleiros
[+]info:
http://oleirosxoven.com