O Goberno local, a través do Consorcio das Mariñas, sacou a contratación a subministración e a instalación destes equipamentos tendo en conta que neste momento o municipio conta co distintivo de Bandeira Azul nas praias de Mera e Bastiagueiro e que, para o próximo ano, foi solicitada esta distinción para os areais de Santa Cristina e Espiñeiro. O proxecto elaborado pola Concellería de Obras Públicas do Concello prevé instalar unha caseta de socorrismo na praia de Santa Cristina. Esta infraestrutura terá o mesmo deseño cilíndrico que as que xa están instaladas noutros areais do municipio, como o de Bastiagueiro e o de Mera. Tamén se instalará megafonía de salvamento nesta praia. Por outro lado, renovarase o balizamento que delimita a zona de auga destinada ao baño nas praias de Mera e Santa Cristina, deteriorados polo paso do tempo. Ademais, instalaranse catro mesas con información medioambiental nas praias de Mera, Santa Cristina, Bastiagueiro e Santa Cruz. O proxecto de mellora dos equipamentos e do mobiliario público inclúe unha caseta fixa de información turística do Concello que se instalará no final da Avenida de Santa Cristina. Esta caseta contará cunha instalación fotovoltaica que permitirá a súa autonomía enerxética. Tres unidades de sinalización de socorrismo ou fly bunner que se distribuirán ao longo dos areais. Ademais, colocaranse varios carteis sinalizadores da praia para Espiñeiro e Santa Cristina. Adaptar as zonas de baño para persoas discapacitadasEste paquete de melloras inclúe obras que permitirán que as persoas discapacitadas poidan acceder ás zonas de baño. O Concello contará cun modelo de cadeira anfibia para baño de persoas discapacitadas. Ademais, habilitaranse pasarelas de madeira para poder chegar en cadeira de rodas ata a zona de baño para as praias de Mera, Santa Cristina e Bastiagueiro.
Fonte boletín concello de Oleiros
[+]info:
http://oleirosxoven.com
