-Dun ciclo formativo de grao medio ou superior de artes plásticas e deseño.
-Dun módulo profesional experimental de nivel II.
-Dun nivel de ensinanzas deportivas.
-Dun programa de cualificación profesional inicial.
Oalumnado que concorra a esta orde de axudas deberá rematar o período deformación práctica en centros de traballo antes do 31 de decembro de2009. Contía: O cálculo da contía para cada alumno estará en función do número de xornadas formativas que lle corresponda realizar multiplicado polo importe de 5 euros por xornada.
Presentación de solicitudes: As solicitudes, xunto co resto da documentación requirida, poderase presentar no centro onde o alumnado estea matriculado no momento de realizar a formación en centros de traballo. Prazo de presentación: Convócanse dous períodos de presentación de solicitudes:
1º. Ata o 12 de xuño, para o alumnado que realizou a FCT nos períodos outubro 2008-marzo 2009 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2009.
Todo o alumnado deste prazo deberá rematar o período da FCT antes do 31 de agosto de 2009. Tamén se acollerá a este prazo o alumnado matriculado nos programas de cualificación profesional inicial. + info:
http://www.xunta.es/dog/Dog2009.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/120149a341f9f910c12575b3004c0945/$FILE/09100D003P011.PDF
[+]info:
http://oleirosxoven.com
