A Consellería de Educación convoca as probas para a obtención do título da ESO, para maiores de 18 anos. Se estás interesado nas mesmas, tes de prazo ata o 28 de maio para matricularte. A proba é o 10 de xuño.
As áreas constitutivas da proba están integradas nos seguintes ámbitos:
a)Ámbito da comunicación (lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura e lingua estranxeira- inglés ou francés)
b)Ámbito científico-tecnolóxico: Matemáticas, ciencias da natureza e tecnoloxía e aspectos relacionados coa saúde e medio natural.
c)Ámbito Social: Ciencias sociais, xeografía e historia, educación para a cidadanía e aspectos da percepción educación plástica e visual e música.Centros: A Coruña: Centro EPA Eduardo Pondal, rúa Pepín Rivero, 3 A CoruñaFerrol: EPA Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns S/N FerrolLugo: Centro EPA de Alberios, parque da Milagrosa S/N Lugo INFORMACIÓN: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Departamento territorial da Coruña Edificio Administrativo de Monelos, 7º andar Praza de Luis Seoane, s/n. 15071 -A Coruña Tel.: 981 184 700 / 981 184 731
[+]info:
http://oleirosxoven.com
