Cada 25 de xullo coincidindo coa festividade de Santiago Apostol, celébramos o Día Nacional de Galicia ou Día da Patria Galega; a festa oficial da Comunidade Autónoma Galega. Festa que se remonta a 1919, cando a organización nacionalista galega Irmandades da Fala acorda celebrar o evento a partir do ano seguinte. É un día no que as diferentes formacións nacionalistas convocan manifestacións, co gallo de reflexionar sobre a situación política de Galicia e do idioma galego. Sóese recordar ademáis a grandes autores da Patria coma Rosalía de Castro ou Castelao. [+]info:
http://oleirosxoven.com
