O BNG propón aproveitar a parte inferior da ponte da Pasaxe que une unha e outra marxe da ría do Burgo á altura de Santa CristinaNo BNG de Oleiros entendemos que a futura ponte da Pasaxe tería un baixo custe pois podería estar suxeita entre os piares da ponte e contribuiría a unir ambas as marxes da ría a través duns paseos marítimos resgardados da choiva e posibilitando puntos de confluencia entre concellos.
Asemade, a obra referida non agrediría visualmente unha paisaxe moi castigada polas obras desenvolvidas ao longo dos últimos anos a través de diferentes promocións urbanísticas. Fonte BNG de Oleiros
[+]info:
http://oleirosxoven.com
