Subvencións para a adquisición de ciclomotores e motocicletas, Plan MOTO-E Beneficiarios: Persoas Físicas, Profesionais autónomos dados de alta no Imposto de Actividades Económicas, Pequenas e medianas empresas (PEMES). As axudas aplicaranse para a adquisición dun ciclomotor ou motocicleta novos, que se matriculen en España.Para poder obter a axuda, será requisito necesario que o beneficiario dea de baixa definitiva, un ciclomotor ou motocicleta matriculado en España de acordo cos seguintes criterios:
Ciclomotor de máis de cinco anos ao adquirir un ciclomotor novo.
Motocicleta de máis de cinco anos ao adquirir unha motocicleta nova de cilindrada igual ou inferior a 250 c.c.
Motocicleta de máis de sete anos ao adquirir unha motocicleta nova de máis de 250 c.c.
Así mesmo será requisito necesario que o prezo de adquisición do vehículo de dúas rodas novo non supere os 9.500 euros, IVE incluído, imposto de matriculación excluído e antes de aplicar ningunha das axudas contempladas no artigo 3 deste real decreto. A solicitude de axuda realizarase a través dos axentes de vendas. Prazo de presentación: ata o 30 de xuño de 2010, ou ata o esgotamento dos recursos orzamentarios. + info BOE nº 164, 8 de xullo de 2009
[+]info:
http://oleirosxoven.com
