If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

BNG e Alternativa dos Veciños a ostias pola pista de skate de Bastiagueiro

Bastiagueiro,Oleiros,Alternativa,Coñecedes,A pista de skate de Bastiagueiro recén rematada está a incendiar os ánimos das dúas formacións políticas de Oleiros. Por unha banda o BNG que arremete dicindo que Alternativa lles copiou a idea e pola outra, Alternativa dicindo que xa ía no seu programa electoral. Um, zurrarse recén chegados de vacacións está bastante ben, que carallo!
Só un pequeno detalle; nada de ostiarse nos blogs; mellor deixarlles unha táboa de skate e que compitan a ver quen rompe máis ósos. E ó gañador, dámoslle a razón. Pois nada, que mentres o sangue non chegue ó rio... bueno e se chega pois tampouco sería moi preocupante. Seguide así, que o deporte é san.
Por certo, comprometerse non é o mesmo que prometer, e do mesmo xeito, os programas electorais non son máis que un fato de trolas que logo se cumprirán ou non; así que non nola peguedes. ¿Coñecedes o dito: prometo y prometo hasta que la meto y después de haberla metido me olvido de lo prometido?. Creo que ó que o cavilou, estaba pensando en programas electorais precisamente, mentres "jiñaba" no WC.

[+]info:
http://oleirosxoven.com

873 dias 1 horas 3 minutos 54 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.