If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

O concello de Oleiros oponse ó peche do comedor do CEIO Isidro Parga Pondal de Santa Cruz

Conselleria,Sanidade,CEIP Isidro Parga Pondal,Santa Cruz,Concello,Oleiros,Educacion,Rabadeira,Xunta,Goberno,comedorFonte,Ante a ameaza por parte de Consellería de Sanidade de pechar o comedor do CEIP Isidro Parga Pondal, de Santa Cruz, o Concello de Oleiros anuncia que oponse ao peche desta instalación e esixe unha veloz solución do problema por parte da Consellería de Educación. Na inspección realizada nas pasadas datas por Sanidade demandábase a eliminación de un determinado mobiliario, utilizado como oficce para a distribución de alimentos que o AMPA do centro ten concertada cunha empresa de catering e con cuxo gasto o Concello colabora con becas para os alumnos. Ante a negativa da Consellería de Educación de recoñecer os mesmos dereitos a este centro que ao centro A Rabadeira, cuxos gastos e mantemento sufraga a Xunta, o Concello de Oleiros demanda unha urxente dotación por parte da Consellería do mobiliario necesario. Así mesmo, o Goberno local lamenta a política discriminatoria que se leva a cabo entre os distintos centros do municipio e esixe unha rápida solución do problema deste comedor
Fonte boletín do concello de Oleiros

[+]info:
http://oleirosxoven.com

972 dias 23 horas 27 minutos 30 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.