A banda da Escola Municipal de Música foi seleccionada para participar o próximo 28 de novembro no Certame Galego de Bandas de Música, organizada pola Federación Galega de Bandas de Música. Este concurso é o mais importante de Galicia e un dos mais importes e prestixiosos de todo o noroeste peninsular. A banda da Escola Municipal de Música de Oleiros interpretará tres pezas; en primer lugar tocará no pasodobre Yakka, en segundo lugar interpretará no Rubicón, obra escollida pola propia banda e pro último tocará na A Revolta Irmandinha, peza imposta pola organización. O Concello de Oleiros pon un autobús a disposición dos veciños que queiran achegarse a Santiago a ver o certame e a apoiar a banda oleirense. A saída do transportecolectivo realizarase desde o edificio municipal de A Fábrica as 18horas do mesmo día 28 de novembro. O regreso está previsto para as21.15 horas, hora aproximada do remate do concerto. O prazo límite paraapuntarse é o próximo día 25. os interesados poden dirixirse a Escolamunicipal de Música, sita no edificio da Fábrica, na rúa do inglésnúmero 11, en Perillo, ou contactando a tarvés do teléfono 981 639 143.tamén por correo electrónico na dirección:esmu.municipal.fabrica@edu.xunta.esFonte boletín do concello de Oleiros
[+]info:
http://oleirosxoven.com
