Dentro da Campaña dos 16 días contra a violencia de xénero o Consorcio das Mariñas convoca a I marcha solidaria que percorrerá os Concellos de Culleredo, Cambre e Oleiros.Será o próximo sábado 28 de novembro. A saída será ás 10:00 horas do Edificio de Servizos Múltiples do Burgo (Culleredo), pasando polo paseo marítimo de Cambre e Oleiros até chegar á Fabrica en Oleiros. Xa na chegada se levarán a cabo xogos de cooperación e solidarios para todos/as os/as participantes. É unha marcha aberta a todos/as veciños/as, en familia ou individualmente, e para inscribirse teñen que enviar un email con nome e apelidos a
participacioncidada@cambre.org Estadirección de correo electrónico está protegida contra los robots despam, necesita tener Javascript activado para poder verla ou ben chamando ó número 981613128 ext. 117 entre as 08:00 e as 15:00 horas.Fonte da nova boletín do concello de Cambre
[+]info:
http://oleirosxoven.com
