Con motivo do desprendemento da cuberta da piscina de Perillo debido ao temporal de vento, a instalación permanecerá pechada. Co obxectivo de seguir dando servizo aos abonados da instalación, estes poderán desprazarse á piscina de Oleiros, que ampliará a súa oferta de actividades. A actividade acuática escolar que se estaba a desenvolver na piscina de Perillo, correspondente ao Colexio Valle Inclán, desprazarase nos mesmos horarios á piscina de Oleiros e o Concello de Oleiros poñerá a disposición do alumnado e dos pais un servizo gratuíto de autobús que sairá desde o aparcamento da piscina de Perillo cunha antelación de 30 ao horario de comezo da actividade. En calquera caso, durante esta semana o alumnado do CEIP Valle Inclán non terá actividade, e será a partir da vindeira semana cando teña lugar o traslado á piscina de Oleiros.O Concello de Oleiros traballará arreo para intentar poñer en marcha esta instalación o antes posible. Fonte boletín do concello de Oleiros
[+]info:
http://oleirosxoven.com
