If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

A Alternativa dos Veciños co Pobo Saharaui e con Aminatu Haidar

Arxelia,Conferencia Internacional,Cidades Irmans,Solidarias,Republica,Saharaui,Garcia Seoane,Comite Nacional,Solidaridade,Pobo Saharaui,CNASPS,Coordinacion Europea,Comites,Apoio,Novembro,Alternativa,Aminetu Haidar,Oleiros,Vacacions,Tindouf,Rigoberta Menchu,Premio Nobel,Este fin de semana, celébrase en Arxelia a Conferencia Internacional das Cidades Irmáns e Solidarias coas Cidades da República Árabe Saharaui, á que acude o noso alcalde, Ángel García Seoane, como invitado. A esta reunión asisten personalidades de todo o mundo. O acto está organizado polo Comité Nacional de Solidaridade co Pobo Saharaui (CNASPS) e será inaugurado polo alcalde de Arxel mailo presidente da Coordinación Europea dos Comités de Apoio ao Pobo Saharaui. O CNASPS é un colectivo que agrupa a tódalas categorías da sociedade arxelina: artistas, políticos, universitarios, deportistas, empresarios, etc. O obxetivo desta reunión é definir as liñas de cooperación co pobo saharaui e a lectura dun manifesto que abogue pola súa independenza, a súa liberdade e a súa dignidade. Como mostra deste compromiso, no pasado pleno de Novembro, a Alternativa dos Veciños presentou unha moción de apoio a Aminetu Haidar A Alternativa dos Veciños leva traballando a prol da causa saharaui vinte anos, como con todos aqueles que sofren e son asoballados polos máis fortes. Oleiros foi un dos primeiros concellos de España en acollerse ao programa "Vacacións en Paz", unha idea grazas á cal nenos e nenas saharauis dos campos de refuxiados de Tindouf poden pasar parte das súas vacacións con familias españolas. Esta experiencia non é tan só enriquecedora para os cativos, que desfrutan dunha maravillosa acollida , así como de atención médica para aqueles problemas que sufran, é unha aprendizaxe recíproca; os pais e nais que participan na iniciativa reciben un agarimo e unha gratitude desmedida, son conscientes da educación que, a pesar das condicións en que viven, reciben estes fillos do olvido, no mellor dos casos, e, evidentemente, coñecen de primeira man as inxustizas que están a sofrer, a privación dunha liberdade da que non hai tanto tempo desfrutaban. Dende a Alternativa dos Veciños sempre apoiamos as causas xustas, por moi difíciles que fosen, por moi utópicas que semellasen. Dende a Alternativa dos Veciños sempre tivemos valor para enfrontarnos ao poderoso, pondo incluso as nosas vidas en xogo para defender ao indefenso; alí estivemos cando a Rigoberta Menchú lle concederon o Premio Nóbel da Paz, actuandom de escudo humán xunto a outras personalidades. Alí estivemos e alí estaremos, a carón do desfavorecido, porque tamén dende este pequeno recuncho estamos a comezar a ser coñecidos non tan só pola fermosura da nosa terra, senon pola valentía dos nosos corazóns. Fonte blog de Alternativa dos Veciños de Oleiros

[+]info:
http://oleirosxoven.com

788 dias 15 horas 49 minutos 49 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.