If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

O PLENO DÁ LUZ VERDE AOS PROXECTOS PROPOSTOS POLO GOBERNO LOCAL PARA INCLUÍR NO FEIL

Oleiros,Alternativa,Goberno,Fondo Estatal,Investimento Local,Concello,Escola Municipal,Danza,Casa Charry,Dorneda,Valle Inclan,Perillo,Fabrica,Garcia Seoane,Cavamontes,Igrexa,Maianca,Vieiro,O pleno de Oleiros deu luz verde esta mañá, cos votos a favor do grupo de goberno de Alternativa dos Veciños e do PSOE, á proposta do Goberno local de incluír no Fondo Estatal de Investimento Local, que este ano destina ao Concello de Oleiros 3,5 millóns de euros, a construción dunha nova sede para a Escola Municipal de Danza, a edificación dun viveiro municipal de empresas que inclúe 17 naves en Iñás e o acondicionamento de cinco parques infantís. Antes de comezar o pleno, á hora de votar a urxencia do mesmo, tanto o PP como el BNG intentaron impedir que se celebrara esta importante sesión votando en contar da súa celebración. Así mesmo, na sesión plenaria que se levou a cabo ás 14.00 horas na Casa Charry acordouse conceder unha subvención nominativa de 7.500 euros á S.C.R.D. Dorneda, para sufragar gastos derivados da súa actividade deportiva na categoría preferente do fútbol galego e nas demais categorías inferiores. A nova sede da escola de danza estará situada nunha parcela de 5.000 metros cadrados, nas inmediacións do colexio Valle Inclán, en Perillo. O edificio, que ocupará nunha soa planta un total de 1.000 metros cadrados de construción, estará dotado de todo tipo de salas e servizos necesarios para o ensino da danza. A obra mellorará a calidade do ensino e ampliará o número de matrículas, tanto da escola de danza como da de música, xa que ambas comparten as instalacións da Fábrica. Coa construción do novo edificio, as salas, que actualmente acollen a actividade da escola de danza, dedicaranse á escola de música e aloxaranse salas de ensaio para músicos novos, estimulando a creación de novos grupos musicais. O investimento total nesta obra será de 1.458.000 euros. Pola súa parte, a edificación do viveiro municipal de empresas está destinado a fortalecer o tecido empresarial do municipio. As 17 naves serán construídas en parcelas de propiedade municipal adquiridas gratuitamente a través da xestión urbanística. Estas terán unhas dimensións aproximadas de 230 metros cadrados cada unha. O investimento que se vai realizar nesta nova infraestrutura é de 1.741.351 euros. Unha vez rematada a obra, o Concello prevé alugar as naves a novos emprendedores, a empresas interesadas en ampliar as súas instalacións ou a aquelas empresas que desexen trasladarse desde outros núcleos para mellorar os seus locais. Durante a sesión García Seoane sinalou que a construción destas instalacións cumpren o obxectivo de xerar emprego de forma dobre, posto que a obra xerará emprego durante a súa construción e tamén creará postos de traballo coa entrada en funcionamento das empresas que se aloxarán nas naves. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, explicou está mañá que o Goberno local tiña previsto incluír na memoria de proxectos a financiar con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local a construción dun novo campo de fútbol en Mera, pero non foi posible poñerse en contacto con varios propietarios dos case 29.000 metros cadrados de solo que se require para levar adiante esta obra. No seu lugar, o Goberno local propuxo incluír a mellora e o acondicionamento dos parques infantís situados en Cavamontes, na Igrexa de Maianca e nas urbanizacións de Mesón da Auga, O Vieiro e As Galeras II. O importe do investimento será de 261.000 euros.
    Fonte boletín noticias Oleiros

[+]info:
http://oleirosxoven.com

888 dias 18 horas 8 minutos 42 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.