O Club Atlético San Pedro organizará o vindeiro sábado, día 23, unha xornada festiva para celebrar o final da tempada deportiva 06/07. Máis de 200 rapaces, vencellados ao mundo do fútbol local de base, participarán no programa de actividades previstas entre as que destacan a realización de diversos xogos infantís. Será a partires das 19:00 horas no campo da festa de A Carballeira, en San Pedro de Nos. Ademais, dende as 21:00 horas haberá unha gran sardiñada e churrascada popular á que poderá asistir quen o desexe. Os actos concluirán con notas musicais a cargo dunha orquestra encargada de amenizar a velada ós asistentes. [+]info:
http://oleirosxoven.com
