A asociación de veciños Os Rueiros de Nós celebrará o próximo día 4 de xaneiro na casa do pobo de Nós a visita dos Reis Magos. A festa comezará ás 17.30 horas coa visita do rei Melchor e coa apertura do Belén vivente, ademais haberá unha actuación musical protagonizada pola coral Airiños de Nós. A partir das 19.00 horas terá lugar unha actuación de pallasos que inclúe espectáculo de acrobacia malabares e outras disciplinas circenses. Para rematar, ás 20.00 horas celebrarase unha chocolatada na que se poderá degustar o tradicional roscón de reis. As agrupacións veciñais de Oleiros organizan a Cabalgata de Reis, que se celebrará o próximo día 5 de xaneiro en Mera. A cabalgata comezará ás 17.00 horas desde a Lagoa e posteriormente fará un percorrido polas parroquias de Serantes e Maianaca. Para rematar haberá unha festa na que os nenos poderán entregar as cartas no buzón real. Logo celebrarase unha chocolatada.Boletín concello de Oleiros
[+]info:
http://oleirosxoven.com
