O Concello de Oleiros oferta a programación dos cursos de iniciación ao surf e body-board. Cada curso terá unha duración de 6 horas, repartidas entre sábado e domingo, de 11.00 a 14.00 horas cada un dos días. Está dirixido a maiores de 12 anos. Para obter máis información e inscribirse, as persoas interesadas deben dirixirse ao Centro Municipal da Fábrica, chamar ao teléfono 981 636 598 ou a través do correo electrónico afabrica@oleiros.org
[+]info:
http://oleirosxoven.com