If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

OBRADOIROS DE HIP HOP DINAMIZA OS IES DO CONCELLO

O Concello de Oleiros comeza a súa programación para conmemorar o Día das Letras Galegas nos centros de ensino. Estas actividades complementarias que dependen do Servizo de Normalización Lingüística van percorrer os institutos e os colexios do Concello con obradoiros, recitais, libros de Uxío Novoneyra, autor homenaxeado, e unha obra de teatro. Onte comezaron estas actividades cun obradoiro de hip hop no IES María Casares, para o alumnado de 3º da ESO e hoxe houbo outros dous obradoiros no centro para os outros grupos. O obradoiro será impartido por García, membro do grupo Dios Ke Te Crew. A charla-obradoiro fixo un percorrido pola historia do hip hop e a través da participación do público, que creou letras para logo seren interpretadas polos seus autores. Con este obradoiro preténdese potenciar o uso da lingua a través da música rap. Os seguintes obradoiros de hip hop serán no IES Miraflores os luns 26 de abril, 3 e 10 de maio.
Noticia do boletín do concello

[+]info:
http://oleirosxoven.com

664 dias 7 horas 15 minutos 45 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.