Nos sinais indícase a dirección e a distancia así como a denominación do hotel ou do cámping O Concello de Oleiros informa de que nestes días comezou a instalación de sinais informativos indicadores dos hoteis e cámpings situados no noso termo municipal. Estes traballos que se realizan con cargo ao Plan de Dinamización Turística supoñen a instalación de varios sinais nas principais estradas do territorio, adaptadas á normativa reguladora das cores e pictogramas que emprega o Concello. Nos sinais indícase a dirección e a distancia así como a denominación do hotel ou cámping. O concelleiro destaca que esta sinalización vai permitir unha mellor orientación dos turistas que nos visitan e con iso un novo servizo de apoio ao turismo e a hostalería locais.Fonte boletín do concello.
[+]info:
http://oleirosxoven.com
