A través do tempo. Historia do Castelo de Santa Cruz Datas: do 21 de xuño ao 31 de xullo Autores: CEIDA Colabora: Casa-Museo de Emilia Pardo Bazán, Real Academia Galega, Fundación Pedro Barrié de la Maza, Organismo Autónomo Municipal de Cultura do Concello de Oleiros, Centro Municipal de Formación "Isaac Díaz Pardo" e Grupo Sargadelos Organiza: CEIDA Contido: 15 paneis explicativos sobre os diferentes usos da Illa de Santa Cruz. Maqueta actual da Illa de Santa Cruz. Retrato de Cavalcanti do pintor Francisco Lloréns. Documental sobre a historia do Castelo de Santa Cruz. Vitrina con material editado polo CEIDA. CartelEsta exposición, producida polo CEIDA, fai un percorrido polos distintos usos que tivo a Illa de Santa Cruz ao longo da súa historia. Está dividida en catro etapas fundamentais: A primeira etapa foi a construción dun forte militar, a finais do século XVI, co fin de protexer a cidade da Coruña dos posibles ataques por mar. A mediados do século XIX, Xosé Quiroga constrúe un pazo na illa de Santa Cruz tras mercala en subasta. Este pazo foi a residencia veraniega de Quiroga e da súa muller, a celebre escritora Emilia Pardo Bazán. Na terceira etapa o Castelo convértese nunha casa de colonias para orfos do exército tras a doazón da illa por parte de Blanca Quiroga. Finalmente o Castelo pasa a ser a sede do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) tras a compra da illa polo Concello de Oleiros. Desta maneira o antigo forte militar converteuse nun forte de defensa e protección do medio ambiente.Fonte ceida.org
[+]info:
http://oleirosxoven.com
